Google+

Negociación

Afectar o que se dí afectar directamente non me afecta, mais si que me sinto afectado... Xa vai para 6 anos que marchei de Verin, pero sempre mantiven lazos coa xente que ali estaba e me mantiven ó tanto do que ali ocorria; por iso me alegra que se estexa a negociar a "integración" no SERGAS.

Manteño as miñas preguntas de "¿como?", "¿porque?" e "¿porque agora?" e vou atopando respostas.

Unha delas a de que a integración do persoal se faría polo decreto 476/1996 (DOG 20/02/1997) que foi o aplicado os centros das corporacions locais e provinciais no momento da sua integracion... coido que ó se tratar dunha negociación está será a solicitude da "parte social"; solicitude coherente dende o punto de vista da similitude de situacions ainda que non dende o punto de vista das manifestacions públicas que se fixeron con respecto ás persoas que traballan na FHV no seu inicio.En fin "cosas veredes amigo Sancho...".

Otra cuestión que me atenaza é saber que garantias hai de que este proceso continúe tra-las eleccions da primaveira si non están resoltas entón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input