Google+

Filtra-la información

Con mais de 8.000 millons de páxinas pescudadas google é o mellor buscador da rede; e ainda así os seus inxeñeiros seguen a traballar co obxectivo de mellorar pois coidan (e con razón) que, na maioria dos casos, os seus visitantes non atopan o que pescudan...

No eido da información sanitaria e da educación sanitaria (ou seña a información para a povoación en xeral) o exponencial incremento das fontes e de canles de acceso á mesma está a crear unha soberana confusión entre ese grupo de xente que percura información moi concreta sobre os seus problemas ou o que lle dixeron que tiña...

Para tentar de dar unha saida ordenada a esta situación estase a crear nos USA unha plataforma chamada Patientinform.org que agrupa a American Heart Association, a American Cancer Society e a American Diabetes Association, unha veintena de editores de prestixio (entre eles, a American Medical Association, o Grupo British Medical Journal, o Grupo Nature e o xigante editorial Elsevier) e a National Library of Medicine e que non só tentará dar a mellor información dispoñible sobre os temas seleccionados (Dende a primaveira do 2005:Cancro, Diabete i Enfermidade coroaria) senon tamén unha permanente interpretación da mesma para os cidadans e (engado eu) para os medios de comunicación.

Polo de agora está en construcción, pero habera que seguir este recurso de perto e irmos facendo presión para que se edite noutras linguas...

<

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input