O actual goberno galego vai a "integrar" as fundacions públicas que xestionan centros sanitarios e servizos centralizados porque con elo se lle brinda cohesión ó sistema e porque había 'buracos' financieiros que foran creados pola laxitude da xestión dos mesmos ¿non si?. Sin entrar eu a valorar tales extremos e menos aínda tendo en conta os informes do tribunal de contas de galicia; a 'integración' é un proceso en marcha "salvo mellor opinión (xudicial".
Logo ¿a que ven a redacción do artigo 77 da "Lei de Saude de Galicia" que o gobern ven de enviar ó parlamento?
Art. 77.- Instrumentos de xestión da Consellería de Sanidade e os seus organismos dependentes.
1. Para o exercicio das súas competencias, a Consellería de Sanidade e os seus organismos dependentes poderán:
a) Desenvolvelas directamente, ou a través de organismos autónomos, entes públicos de carácter institucional, axencias públicas, consorcios públicos e outros organismos ou entidades de titularidade ou natureza pública dotados de personalidade xurídica propia, existentes ou que poidan crearse para tal efecto. No exercicio das devanditas funcións, os organismos ou entidades mencionados, que se adscribirán á Consellería
de Sanidade, gozarán da reserva de nomes e dos beneficios, exencións e franquías de calquera natureza que a lexislación lles atribúa á Xunta de Galicia e aos
entes encargados da xestión do sistema de Seguridade Social.
A relación entre as ditas entidades, como medio propio instrumental e servizo técnico da Administración, coa Consellería de Sanidade ou co Servizo Galego de Saúde
regularase, tanto para a prestación de servizos sanitarios como doutros incluídos no seu obxecto social ou finalidade, a través dos instrumentos previstos no artigo
74 (contratos de servizos sanitarios; un re-deseño dos contratos-programa con algo mais de cobertura legal), que permitirán vincular o funcionamento daquelas e o seu financiamento cos criterios de planificación da Consellería ou do Servizo Galego de Saúde e coas
necesidades dos usuarios.
b) Delegar funcións no Servizo Galego de Saúde ou noutros organismos ou entidades adscritos á Consellería de Sanidade.
c) Establecer encomendas de xestión, acordos, convenios ou contratos -calquera que sexa a súa tipoloxía e modalidade- con entidades públicas ou privadas.
d) Participar en calquera outra entidade pública ou privada, cando así conveña á xestión e execución das competencias asignadas.
2. Correspóndelles ao Foro de Participación Institucional de Sanidade e ao Consello Galego de Saúde coñecer e informar os expedientes de autorización da constitución ou
participación da Comunidade Autónoma nos organismos e entidades de nova creación ou xa existentes a que se refire o apartado anterior.
3. Correspóndelle ao Consello da Xunta autorizar a constitución ou participación da Comunidade Autónoma nos organismos e entidades de nova creación ou xa existentes
a que se refire o apartado un do presente artigo, de acordo co establecido na lexislación financeira e orzamentaria, así como patrimonial da Comunidade Autónoma.
Total; o que había, o que hai nas comunidades gobernadas polo P$o€ e coa porta aberta ó modelo Alzira...
I eu que estaba tan contentiño coa nova do blog do Plano de calidade do SNS e o puxera rapidiño no foro...
ACTUALIZACIÓN 24/01/2008
Semella que non atopan contradictorio continuar coa liquidación das actuales fundacions malia a abrires a porta a 'novas formas de xestión' no proxecto de lei de saude de Galicia...Porque a integración do persoal que o solicitou (só un 78,59%) seica se fará efectiva o 24 de Febreiro; mágoa de información por categorías que tiña eu gañas de confirmaren certo ruxe ruxe
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input