Mais a alguns lle semella así.
Para probalo unha pequena mostra:
Vía Kevin M.D.
Desculpade a calidade do gráfico.
Sei que as persoas expertas en saude pública (Ex. diplomados en sanidade) obxectaran, non sen razón, que o investimento en sanidade non é, nin de lonxe, o factor mais influinte na lonxevidade dunha poboación mais gustaríame destaca-la posición de alguns paises que destacan no gráfico de gasto medio per capita como extremos e que caseque comparten a mesma espectativa de vida. 4500 dolares son moita diferencia como para xustificaren nada.
Dende o meu punto de vista isto sinala a unha sanidade "hipermusculada" na que as apetencias individuais (de consumidores e profesionais) e as presions industriais conducen o gasto en saude empuxando as cifras cara arriba sen que iste incremento se vexa reflictido nos "resultados en saude" dos que a espectativa de vida, repito, non é mais ca un instrumento moi bruto de medición.
De tódolos xeitos os propios americanos hai tempo que saben que teñen un problema e os seus políticos levan tempo dando paos de cego nel e ollan, seica, con envexa ós sistemas mais 'sociais' que europa quere reformar.
Sigo contando cos vosos silencios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input