Google+

A interpretación, derradeiro chanzo da negociación.

Pois si, semella que "interpretar" o que quere dicir a lexislatura é o derradeiro avance no eido negociativo sindical.

Antes as leis, decretos, ordes e acordos puñan o que puñan e se algúen conseguia 'colarlle' unha redacción axeitada á administración pois esta tiña, por exemplo, que paga-la colexiación durante o período de tempo que pasou entre a publicación da norma co "erro" e a publicación da norma que o subsanaba. O mesmo acontece no SACYL co tema da xornada laboral e os famosos 2 días "non festivos-non laborables" (24 e 31 de Decembro).

Hai frases que soan moi bonitiñas e danlle moito aire de marcialidade a un documento, pero que ó estar definidas polas leis hai que ser precavid@s á hora de incluilas en textos que teñan valor legal pois neses casos o seu significado non é 'interpretable' polo que "se quixo dicir" senon que o acordo pon o que pon e só un acordo de igual categoría e coa mesma publicidade pode modificalo.

Poñamos por caso: "Sistema Nacional de Salud".

A súa definición establécese claramente no BOE do 25 de maio de 1986 nos artigos 44 e 45 da Lei Xeral de Sanidade: O conxunto dos servizos de saude do estado e dos servizos de saude das comunidades autónomas.
O emprego da frase "Sistema Nacional de Salud" mantense co mesmo significado nas leis básicas de desenrolo do actual marco lexislativo da sanidade:
Lei 41/2002 da autonomía do doente, dereitos e obligacions en materia de información e documentación clinica,
Lei 16/2003 de Cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saude,
Lei 44/2003 de ordenación de profesions sanitarias,
Lei 55/2003 estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saude...

Queda pois reflexado pola lexislación de rango superior o que é o "Sistema nacional de salud".

O que semallan non ter claro os membros das xuntas de persoal e/ou representantes das seccions sindicais nos centros sanitarios é que as leis que tan ben coñecen á hora de defini-la súa protección e o seu (escaso, por certo) dereito á negociación e que esta lexislación tamén establece DEBERES e que un deses deberes é respecta-lo ordenamento xuridico e tamén ser consecuentes cos seus actos e que os acordos tomados explicita ou tácitamente nunha xunta de persoal se toman como "Órgano colexiado"; é dicir coa responsabilidade de tódolos seus compoñentes.
Tampouco semellan saber os membros das xuntas de persoal que eles son os representantes de todol@s traballador@s do centro señan ou non afiliados ó seu sindicato.

Por outra banda é obvio, pero hai que recordalo que un 'acto inxusto' non é aquel que semella moralmente sinalable senon aquel que contradí o que ven escrito na lexislación; o que vai contra o que dicta a lei. Tamén postos a lembrar, lembremos que cometer un acto inxusto individual ou colectivamente sabendo que se comete dito acto só ten un nome: PREVADICAR. E tanto ten que o cometan persoas con responsabilidade directiva ou representativa, o 'acto inxusto' é punible do mesmo xeito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input