Publicou hoxe o BOCyL a convocatoria do concurso de traslados "normal" do SACyL e, polo tanto escomenza o camiño cara ó Bierzo da mais completa metade que coñezo...
Ten boa gracia que o 'tema Verín' veña xa resolto na convocatoria pois: "serán admitidos como servizos prestados como persoal temporal os servizos previos rexoñecidos a efectos da antigüidade". Queda, pois fora de toda dúbida o tema.
Mais, coma sempre que se quere resolver un problema xurden temas novos. O novidoso xeito de recoñecer os servizos previos ten a 'pega' de que os centros e servizos de saude das outras comunidades non teñen porqué facer certificacions de servizos prestados fora do ámbito da súa competéncia; a iso hai que engadir que se esixen os certificados nun modelo (ANEXO III) que se publica coa própia convocatoria ( ¿U-la a coordinación do Consejo Interterritorial?) o que vai 'traer cola'.
Tamén vexo algo problemático que a instáncia de solicitude se faga cun progarma que debes descargar no PC, introducirllelos datos para que logo o programa faga unha impresión 'directa' (non permite modificar nengún parámetro da impresión) do documento de solicitude insirindo nel un código de puntos cos datos (ó estilo das declacions de IRPF). Esto fará que gañe rapidez o proceso mais tamén fará que moita xente recúe só por terense que enfrontar a unha descarga, instalación e manexo da citada aplicación cando non polo simples feito de que a súa impresora non é boa dabondo para que o citado código de puntos sexa válido para un lector de datos.
Ó cabo, que xa estamos nelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input