Google+

Conto "a cuenta"

Xa ahi un tempo que algún sindicato o sinalara nos taboleiros e carteis infractores (mira que custará por un taboleiro en cada descansiño dos ascensores) que a administración ia a facer isto mais eu que son un incrédulo dixen: "si e o pagan os reis magos" mais o certo é que nestes días chegou a instrucción dende Valladolid para por en marcha o prazo de solicitude do acceso extraordinario ó grao I da carreira profesional para os traballadores estatutarios fixos do Sacyl pagadeira dende o 1 de xaneiro de 2007 como cantidades "a cuenta".

Non me debo queixar; son cartos extra ou como dí o facho que me alumea "a suba que nos merecemos" sen ter que facer ren mais. O que me sulfuriza non é que se tarde mais ca noutros servizos de saude ou que se pague menos ca neles; o realmente importánte xa o sinalei en Marzo de 2005 cando lein o primeiro borrador, un ano dempois ante un acordo firme entre administración e sindicatos fixen unha proposta de mellora en aspectos básicos para a motivación e a eficacia do sistema. Non só non se seguiu unha senda cara a esa maior motivación senón que, dende o meu punto de vista, se camiñou ó contrario.

Trátase, sen dúbida, dunha opinión que me vai xerar inconvintes ou incluso enemistades; mais non me quero esconder i é que supoño que o motivo de tomar este camiño ten mais que ver con presións que NON se ven que coas que se ven e supoño que algún día saberemos en que cederon os sindicatos de clase ou que silenciaron co troco de que tódalas categorías do Sacyl cobren a carreira.

Si, eu opóñome a que categorías "non sanitarias e non academicas" cobren estes 'quinquenios encubertos' polo mesmo que me opoño á non reversibilidade (da que sei que algún día me beneficiarei): Porque pervirte o verdadeiro fin do sistema de carreira profesional que é a motivación. E a pregunta que lanzo ó aire é ¿que obriga de actualización de coñecimentos, de traballo de calidade ou de implicación no I+D+i ten esoutro persoal?...

Non vou a por unha categoría para que non se tente focalizar o tema mais SI podo dicir e os sanitarios o entenderán que si sae un aparello novo -por exemplo un aparello que faga unha hematimetría coa mesma facilidade que unha glucemia- a enfermería APRENDERÁ a empregalo a pesares das trabas e a incompetencia que a administración soe mostar coa formación continuada do seu persoal; chegando ó extremo de adicar parte do seu tempo libre a documentarse e ler sobre o tema do que se trate. En troques cando o aparello se estropea i está fora de garantía "hay que enviarlo a la casa" porque algúen NON SABE e NON APRENDEU. Se hai unha mesa nova nun quirófano ou unha camilla nova en urxencias ten a enfermería (polo menos a supervisión) que explicarlla ós encargados da súa movilización... porque eles non teñen porque sabelo se non se lles explica. etc. etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input