Coma si fose a "Enterprise" baixo un ataque 'Klingon' o cadro de mando financieiro do SNS (¿ou dos SAuS?) está a botar fume. Os 'novos' responsabeis políticos da(s) sanidade(s) estanlle a ver as orellas ó lobo que xa anunciara F. Abril Martorell hai mais de 10 anos.
Mais, aquel informe que anunciara o incremento do gasto polo envellecemento poboacional, o custe tecnolóxico, a escasa cobertura que os seguros (sobor de todo os de automobel) dan das súas garantías; non contaba co grande número de extranxeiros (inmigrantes ou pacientes-turistas) que "fan uso" das prestacions do SNS, coa extraordinaria 'hospitalización' da atención sanitaria levada da man da perda de confianza do doente nas habilidades e coñecementos dos traballadores da sanidade (o que provoca un incremento de probas diagnósticas) e con que hai 10 anos a asisténcia socio-sanitaria estaba no berce e agora precisa grandes recursos se queremos manter a solidaridade.
Todo isto e mais ven explicadiño nun artigo do diario "el Pais" de onte titulado "La sanidad no aguanta" que fai fincapé non tanto na cifra todal do gasto (similar ou un pouco por baixo do que corresponde por renda) senon no incremento do gasto (ate o 23% anual) nos derradeiros anos.
A min non me gusta que se faga relación entre a descentralización da xestión da sanidade i este incremento pois o que coido que acontece é que esta descentralización sacou á luz unha grave deficiencia presupuestaria que se viña arrastrando dende hai tempo e quen negociou a transferencia dende o punto de vista "receptor" non tivo opción política de facer valer este plantexamento. Tampouco me agrada que, por unha banda se diga:
la buena relación calidad-coste de la Sanidad española descansa sobre la modestia retributiva de sus empleadospara logo dicir que ningunha partida de gasto se pode incrementar por riba da riqueza que xera o pais; ¿logo onde foron os dous CEROS que nos fixeron no 1996 e 1997 e que permitiron "cadrar contas" para a adhesión ó euro?.
¿Cara a onde imos?; semella que se van a plantexar algunhas medidas dolorosas e se van a seguir esquencendo outras necesárias... Vai voltar a sair o de o copago e se vai seguir a face-la 'vista gorda' coas aseguradoras de accidentes laborais e de automobel... É necesario revisar as prestacions e partidas económicas das persoas que non cotizan en España; se cadra introducindo unha claúsula neses convenios pola que eses extranxeiros serán atendidos "nas mesmas condicions financieiras que nos seus paises de orixe" sería dabondo pois con elo os que no seu pais teñen que pagar a factura por adiantado para logo recibir un rembolso non se sentirian "chamados" polo noso sistema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input