Como xa reflectín nalgunha outra entrada ou correo ó grupo de contactos profesionais estou subscrito a varias listas de distribución nas que destaco a lista de Investigación de Enfermería INVESTEN do Instituto de saúde Carlos III. No R.U. o Centro de coordinación de desenrolo e investigación do Real Colexio de Enfermería ten unha lista de difusión sobre Investigación Enfermeira que envía un resumo quincenal sobre novidades no eido investigador nos seus diversos aspectos (•••) mais este mes fixeron un envío especial centrado nas Redes de Investigación no que se pode apreciar a grande cantidade e variedade de fondos que existen ó dispor dos profesionais das illas e que xustifican a avantaxe que, como se pode comprobar polo número de artigos, nos levan na investigación.
Mais o que me impulsou a facer esta entrada é o vindeiro troco que os NHI van a introducir na publicación OBRIGATORIA en formato aberto dentro da PubMed dos resultados das investigacións financiados polo dito organismo, sumándose deste xeito á universidade de Harvard que recentemente comunicou que os estudos de investigación por ela financiados serán difundidos de xeito completo e gratuíto. En España e Europa hai iniciativas similares como se pode apreciar na difusión aberta e completa dos estudos IDEA e IBEAS e outros financiados pola axencia de calidade do SNS.
Sobre estas novidades falan de xeito mais fundamentado gurús da rede hispana tanto dende a óptica científica como das TIC así que eu me vou centrar en darvos unha pincelada do que se “coce” no R.U. no eido das redes de investigación con participación enfermeira para que vos comparedes co que coñezades de eiquí.
REDES DE INVESTIGACIÓN ENFERMEIRA R.U.
*Sociedade de Investigación do Real Colexio de Enfermería (RCN) ten o ánimo de promover a investigación en enfermería e axudar as enfermeira en calquer capacidade na que traballen.
*CHAIN; acrónimo de Rede de Contacto, Axuda, Alerta e Información, é unha rede ‘online’ para xente que traballa na atención social e sanitaria. Baseada en 4 áreas de interese e proporciona á xente una vía simple e informal de contactar para intercambiar ideas e compartir coñecemento nunha rede gratuíta, multidisciplinar no xerárquica nin institucional.
1. Investigación e prácticas baseadas na evidencia
2. Ampliación da participación na aprendizaxe de atención socio-sanitaria
3. Innovación e mellora da atención socio-sanitaria
4. Centro de axuda ó cancro McMillan
*Redes do Sistema Nacional de Saúde (NHS); un xeito de promocionar e conecta-las múltiples redes que existen no NHS e anima-la formación de novas. Actualmente engloba unhas 500 redes e aloxa algunhas redes pequenas que non teñen recursos para xestionar unha páxina web. Así mesmo ten un amplo rango de información útil, enlaces e descargas organizadas por temas e completamente descargables. Ten unha páxina de novas moi popular que é actualizada a diario e unha chea de foros de discusión moi frecuentados.
* Foro de investigación e desenrolo do NHS é unha rede que está implicada na planificación e xestión da investigación en sanidade e atención social. Percura promover o ambiente para investigar en sanidade e atención social facilitando e animando a comparti-las mellores prácticas e traballando con outras organizacións.
REDES INTERNACIONAIS
*Rede de Investigación do Consello Internacional de Enfermería (ICN). Como voceiro global da enfermería e das enfermeiras o ICN promove a investigación enfermeira para o avance da ciencia e a mellora da calidade da práctica enfermeira. A rede de investigación proporciona un foro para o troco de ideas, experiencias e destrezas e como un banco de recursos vitais para a investigación global en enfermería e saúde.
*Grupo de traballo de enfermeiras investigadoras europeas (WENR) co propósito de promover e fortalece-lo valor da investigación colaborativa en Europa para favorecer ós cidadáns europeos. WERN tenta realzar a colaboración e a solidariedade entre as enfermeiras investigadoras en Europa. Ten como obxectivos:
• Influír nas políticas nacionais i europeas de saúde.
• Desenrolar unha infraestructura de investigación enfermeira, redes de investigación e diseminación.
• Estende-los vínculos de comunicación entre a WERN e outras organizacións
• Establecer e apoiar actividades científicas.
*Asociación para a investigación na atención enfermeira (ARSI) Francia. É unha organización sen ánimo de lucro que prioriza unha abordaxe sería enfocada na investigación enfermeira cos obxectivos de:
• Promove-la investigación enfermeira
• Desenvoltar, Apoiar e difundi-la investigación.
• Formar en investigación
• Tomar parte na investigación en Francia, Europa e a nivel internacional
INVESTIGACIÓN CLÍNICA
*Rede académica de investigación en oncoloxía clínica e radiobioloxía (ACORRN). É unha iniciativa do instituto nacional de investigación do cancro creado por diversos órganos do goberno británico co obxecto de revitaliza-la investigación en radioterapia e radiobioloxía o sitio web proporciona, mediante inscrición gratuíta, o acceso a unha rede de enfermeiras que traballan en radioterapia, alertas e materiais de investigación, información sobre o desenrolo das práctica, as derradeiras evidencias de investigación en radioterapia e discusión sobre os asuntos actuais do coidado nesta área.
*Asociación de Profesionais da Investigación Clínica (ACRP). Proporciona o liderado global na promoción da integridade i excelencia da profesión de investigador clínico. É o resultado da visión dun grupo de enfermeiras investigadoras que ven medrando dende 1976 ata acada-los 20000 profesionais da investigación clínica (5000 enfermeiras investigadoras) en 66 países traballando en hospitais, academias e na práctica xeral así como na industria farmacéutica, da biotecnoloxía e na dos dispositivos médicos.
* Rede de infraestructuras de investigación clínica europea (ECRIN). Deseñada para salva-la fragmentación da investigación clínica en Europa mediante a conexión das redes nacionais de investigación clínica e das unidades de ensaios clínicos. Proporciona servicios integrados de “parada única” ós investigadores e patrocinadores nos estudios multinacionais.
*Asociación de enfermeiras de Investigación Clínica (CRNA). Coa misión de apoiar ás enfermeiras interesadas o implicadas en calquera forma de investigación clínica que teña que ver coa atención a doentes e co ánimo de proporcionar unha organización para disemina-los achádegos da investigación. Teñen intres en atraer a membros de outras organizacións e profesións, en especial aqueles que son membros de equipas de investigación ou que están interesados en empregar a enfermeiras investigadoras.
*Grupo de enfermeiras investigadoras UCL/UCLH (Hospitais universitarios de Londres) Unha equipa diversa que soe traballar en solitario dende outras equipas enfermeiras mais que son especialistas no seu campo de práctica. Tentan facilita-lo traballo en rede e a colaboración e proporcionar apoio e recursos informativos ás enfermeiras investigadoras e profesións afíns e influír nas políticas locais de desenrolo.
METODOLOXÍA INVESTIGADORA
* Centro de acción na investigación da práctica profesional (CARPP). Tenta integrar acción e reflexión na acción investigadora de xeito que o coñecemento gañado na investigación é directamente relevante para o asunto estudiado. Tentan axudar ó profesional a desenvoltar habilidades de práctica reflexiva e ás organizacións a desenvoltar comunidades de investigación así como a un mellor entendemento da posición da investigación dentro do desenrolo da práctica profesional.
*Centro nacional de métodos para investigación. NCRM. Forma parte da estratexia do ESRC para mellora-los estándares dos métodos de investigación na comunidade de ciencias sociais do R.U.
Proporciona un punto focal para a investigación, adestramento e construcción de actividades de capacitación. Estas actividades teñen a intención de promocionar un troco de paso na calidade e rango das habilidades metodolóxicas e técnicas empregadas pola comunidade e proporcionar apoio para, ou a diseminación de, innovación metodolóxica e a excelencia no R.U.
• Avanzar na comprensión metodolóxica e práctica
• Realza-lo perfil internacional do R.U. na excelencia metodolóxica e asegurar que o R.U. é un referente internacional no desenrolo da metodoloxía en investigación social.
• Permitir ós membros da comunidade investigadora de ciencias sociais do R.U. aprender os mais recentes desenrolos nos métodos de investigación e as actuais “mellores prácticas” e adquirir a capacidade de usar estes métodos de modo efectivo nas súas investigacións.
• Xogar un papel estratéxico na promoción da investigación de alta calidade.
* Instituto internacional de metodoloxía cualitativa (IIQM). É un instituto interdisciplinar baixo os auspicios da facultade de enfermería da Universidade de Alberta en Edmonton, Canadá. Fundado en 1998 co obxectivo primario de facilita-lo desenrolo de métodos de investigación cualitativa nunha ampla variedade de disciplinas académicas. Aloxa a conferencia anual sobre investigación cualitativa en saúde así como las series de “Avances en métodos cualitativos” y “Talleres de pensamento cualitativo”.
CANCRO
*Rede nacional de investigación sobre o cancro (NCRN). Creada para proporcionar unha infraestructura de nivel mundial que apoie a investigación sobre cancro en Inglaterra é un dos desenrolos mais constructivos e substanciais feitos no eido da investigación do cancro nos derradeiros anos. A súa web proporciona un punto de contacto único para a diseminación de información acerca de iniciativas da NCRN e proporciona enlaces ós seus patrocinadores.
ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES
*Foro nacional sobre enfermería e derrame cerebral (NSNF). Organización de subscrición (10₤/ano; web, lista de correo, foro e reducción de prezo na conferencia anual) Busca aumenta-lo perfil da enfermería neste campo, influír na axenda nacional e axudar á diseminación da información relativa a todos aqueles que padecen este problema. Está aberto a tódalas disciplinas.
SAUDE INFANTIL
*Rede de investigación en saúde infantil do RCN (RiCH). Escomenzou a súa actividade en 1997 como rede para tódalas membros do RCN interesadas na investigación no campo da saúde infantil e da enfermería pediátrica tanto como investigadoras activas como profesionais ou estudiantes. A filosofía do grupo é apoiar, animar e informar aqueles implicados no coidado de nenos para implicalos no desenrolo dun corpo sólido de evidencias sobre as atencións enfermeiras ós nenos. Esta filosofía de apertura, ánimo positivo e de compartir experiencias e información caracterizan o desenvolvemento do grupo.
*Asociación de enfermeiras investigadoras en saúde infantil. Grupo encadrado no anterior mais só para as enfermeiras doutoradas (PhD) e para investigadoras independentes.
PARTICIPACIÓN DOS DOENTES
*Centro de participación do NHS apoia ó persoal e ás organizacións do NHS para traballar cos doentes e o público en servicios mais desenrolados, e mais avaliados na súa efectividade búscase entende-las experiencias dos doentes e do público e implementar trocos baseados nas súas visións.
*Foro de información dos doentes (PiF) Organización independente que promove a información de alta calidade para os doentes, coidadores e as súas familias. Ten uns 750 membros traballando en tódalas áreas da sanidade formando unha rede dinámica que comparte a mellor práctica na información ó doente. Apoian a producción e diseminación da información de alta calidade para o cliente:
• Influíndo as políticas nacionais e locais
• Propagando e compartindo as boas prácticas
• Preparando a profesionais da información sanitaria
• Comunicando novas e investigacións.
DOUTORAMENTO EN ENFERMERÍA
*Rede da sociedade de estudiantes de doutoramento (PhD) do RCN. Creada en 2002 coa intención de proporcionar un foro ás enfermeiras (e outros profesionais da sanidade) que emprenden o doutoramento para compartir, discutir asuntos e apoiarse mutuamente.
*Rede internacional para a educación doutorada en enfermería. (INDEN). Trátase dun grupo independente composto por educadores, expertos i estudiantes implicados na educación de doutoramento en enfermería. A súa intención e avanzar e promove-la educación doutoral en enfermería de alta calidade mediante a colaboración e cooperación nacional e internacional.
ENFERMIDADES INFECCIONSAS
*Rede de investigación en enfermidades infecciosas (IDRN) promove a colaboración multidisciplinar, proporciona información sobre fondos, organiza eventos de aprendizaxe e actos como un foro para apostar pola investigación de alta calidade das enfermidades infecciosas. Formouse en 2001, é gratuíta e ten
• Unha base de datos de investigadores
• Boletíns de aprendizaxe e axudas, fondos, becas
• Información sobre eventos da IDRN
• Informes e presentacións sobre traballos previos da IDRN
• Lista de investigadores interesados en traballos colaborativos
• Un foro para os membros
• Páxina de emprego con postos dispoñibles para a investigación en enfermidades infecciosas
PERSOAS MAIORES
* Promoción estratéxica da investigación en idade (SPARC). Iniciativa aberta conxuntamente a investigadores, profesionais e xestores de todo o referente ás persoas de idade especializada en comunicar os derradeiros achádeos de investigación sobre deseños, enxeñerías e bioloxía relativos ós maiores facendo énfase sobre os beneficios para as persoas maiores da investigación científica e incitando a novas incorporacións á investigación neste campo. Ser membro e os talleres son de balde.
* Rede “Vagabunda” R.U. creada gracias a unha beca da corporación Burdett é a primeira do seu tipo no R.U. e conxuga a investigadores, profesionais e persoas maiores para explorar e debater os desafíos asociados co vagabundeo e outros comportamentos da xente maior con demencia. A súa web conten un amplo variedade de información e recursos sobre o vagabundeo en diferentes contextos que poden ser empregados por enfermeiras e outros profesionais que traballan con persoas maiores con demencia que viven sen teito.
TRAUMA E ORTOPEDIA
*Rede de práctica baseada na evidencia en trauma e ortopedia (NEBPOT). É un subgrupo da sociedade de enfermería otropédica do RCN co obxecto de actuar como un enlace de información entre as enfermeiras e os xestores para facilita-lo desenrolo e a comunicación de experiencia i evidencia no campo da traumatoloxía e a ortopedia.
COIDADOS PALIATIVOS
* Sociedade de investigación en coidados paliativos (PCRS). Adícase a promociona-la investigación en tódolos aspectos dos coidados paliativos e a facilita-la súa diseminación. O rexistro está aberto a tódolos individuos e organizacións que teñan interese en avanzar neste campo.
DESENROLO DA PRÁCTICA
*Fundación de estudos de enfermería (FoNS) área de subscritores de desenrolo na práctica. Esta nova e dinámica área da FoNS ofrece a oportunidade a individuos, equipas e organizacións de contactar e compartir activamente coñecementos i experiencias sobre o desenrolo efectivo da práctica enfermeira. Esta iniciativa da FoNS xunto coa rede de desenrolo da práctica (DPN) na que ámbalas organizacións traballan conxuntamente co propósito de apoiar os profesionais implicados en actividades de desenrolo da práctica para mellora-la atención ó doente. Esta asociación (FoNS e DPN) permite a creación deste servicio de subscrición na que:
• Unha rede de fácil conexión permite usar a base de datos activa de profesionais interesados ou activamente implicados no desenrolo da práctica para a mellora da atención ó doente.
• Se pode acceder a unha serie de recursos como teleconferencias, grupos de supervisión clínica telefónica e publicacións.
ATENCIÓN PRIMARIA
*Rede escocesa de investigación en atención primaria (SPCRN). Creada para axudar a por en contacto ós investigadores e os profesionais de atención primaria que poden albergar ou apoiar proxectos de relevancia e alta calidade de investigación en atención primaria. A intención maior da SPCRN e incrementa-lo total de investigacións relevantes para a atención ó doente realizada nos centros de atención primaria. Funcións:
• Desenrolar e manter un rexistro dinámico de profesionais interesados na investigación dispostos a participar en proxectos tanto como anfitrións como no papel de participantes activos.
• “Traducir” os protocolos e solicitudes da investigación en procedementos de traballo para os profesionais asegurando o mantemento do compromiso.
• Racionalizar o número de solicitudes ós profesionais para participar en investigacións por medio dun sistema nacional/rexional.
• Enlazar ó sector de atención primaria de xeito efectivo dentro das estructuras de xestión da investigación no NHS
Traballa coa maioría das redes existentes ou en formación en Escocia para desenrolar un marco que opera en 4 rexións ou nodos. Desenrolaron un sistema de base de datos que se pode usar por todos eles a cal simplifica a sistemática para os investigadores principais que desexen implicar a profesionais de atención primaria na realización de investigación de alta calidade.
SAÚDE SEXUAL
* Rede do ICN sobre VIH/SIDA. Esta é unha prioridade maior para o ICN que ten instrumentos para promociona-la prevención, o coidado, o tratamento e as políticas de fondo para loitar con esta epidemia. O ICN busca novos xeitos de diseminar información ás enfermeiras de todo o mundo e en apoiar contactos entre os diferentes grupos coa intención de que intercambien experiencias i ensinanzas. O obxectivo é converterse nun recurso para as enfermeiras que traballan ou están interesadas nas políticas, aprendizaxe, práctica e investigación ó redor do VIH