Coma noutra ocasión, dempois de chuza-la nova tiven tempo de reflexionar e voltei a caer que nesto da difusión das novas e dos recursos sempre é mellor que existan múltiples camiños que confiar nun só por oficial que seña.
Noutra iniciativa da axencia de calidade do Ministerio de Sanidade e Consumo estase a publicar dende febreiro o "suplemento impacto" editado pola colaboura Cochrane España que inclue a traducción dos aspectos mais importantes (un resumo) de estudos con 'alcance' que foron obxecto de revisión sistemática por parte da equipa cochrane.
No estudo que chucei destaca a verificación e a cuantificación (RR) da relación entre o tratamento hormonal sustitutorio -THS- e o cancro de ovario, esta é una información relevante que debera ser engadida polos sanitarios no intre de ofrecer e aconsellar sobre estes tratamentos ás mulleres.
No resto do número hai, por exemplo, outro grande estudo que demostra que só 4 hábitos de vida saudable como non beber alcohol, comer froita e verdura, manter unha actividade física moderada e non fumar (incluso ter un entorno libre de tabaco) teñen un impacto de 14 anos na esperanza de vida dos individuos (resumo do orixinal).
Mais non só traballa nesta liña a axencia de calidade do SNS; a axencia Lain-Entralgo da CAM ten acadado un acordo coa editorial Sanitaria 2000 que difunde novas por diversos medios (papel, mail, internet) no que se inclue un apartado cun resumo de artigos senlleiros que poden ter repercusión na práctica diaria.
Como derradeira aportación por hoxe comunicarvos i enlazarvos a publicación pola editorial Blackwell-synergy da revista Worldviews on Evidence-Based Nursing que ten alguns artigos de acceso gratuito e un servizo de merca de artigos soltos e suscripción. Para mostra do interese desta publicación un artigo de revisión do famosos estudos de Aiken et als sobre os factores estrucutrais no traballo de enfermería que influian na captación, motivación e retención d@s profesionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input