A parte dos facultativos do Sacyl que teñen emprendido o camiño da folga manten o temple numantino própio da cordillera cantábrica e dos montes da peña de francia e sontén o ritmo do conflicto tanto no plano "pasivo" como na fronte dos medios comunicativos. Xa non son só os doentes os que están afectados pola inactividade, o resto dos traballadores ollamos o conflicto cos ollos coma pratos, ¿como é posible ter mais reunions que días de folga e que os temas non se movan do punto de partida?...
Só unha cousa me preocupa por parte da administración. Esa teima de dicir que o acceso ós postos de estatutarios ten que ser "exclusivamente" polo procedemento de concurso-oposición (oposicición + concurso de méritos). ¿Iso onde ven?; no EBEP, no estatuto marco, no do persoal do Sacyl... en todos se fala dos tres consabidos sistemas... O que si deben saber os interesados é que un sistema acceso só por méritos podería atraer a moita xente de outros servizos de saude ainda que iso non debera ser malo ¿non?.
Do resto; como a canción: "Ni una sola palabra, ni gestos, ni miradas..."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input