Xa fai un tempo que lle enviei ós contactos da miña lista de correos unha reseña biográfica publicada pola revista española de estatística que revelaba a grandísima capacidade analítica e unha preparación fora do común non só para aquela época senón para moito tempo despois; o que se pode aprender no museo non fai mais ca demostrar que unha figura excepcional non se fai da nada e si ben é certo que procedía dunha familia con posibilidades e con espírito aberto. De feito, como se sabe, naceu en Florencia durante una longa viaxe dos seus pais que xa tiveran outra nena (a irmá maior de Florence) no Peloponeso.
A súa formación, tras unha tentativa ó estilo clásico, foi ó cargo do seu pai que lle deu coñecementos sobre matemáticas, estatística, física etc. E a levaron de viaxe por toda Europa. Fala o museo das diferencias que había entre as dúas irmás, das súas diferentes visións e de como a moza Florence tomou a decisión de formarse como enfermeira na Alemaña e do seu primeiro traballo.
Mais o que realmente centra o museo é a impresionante labor que realizou no conflicto de Crimea todo ilustrado con disporamas, esquemas e paneis con información dobre os aspectos militares e loxísticos desa guerra e o decisivo papel dos plantexamentos da nosa protagonista na reducción da mortalidade nos hospitais de campaña que era superior á da propia fronte. Todo elo foi documentado e divulgado polo primeiro correspondente de prensa nunha fronte de guerra o que catapultou a Florence a un papel non desexado e a levou a ocultar a súa identidade ó voltar a Inglaterra.
O mais interesante da visita o constituíu a cantidade de cativ@s que acudían ó museo e ollaban cos ollos coma pratos á unha moza que, ataviada coa roupa da época, diante dunha reproducción da habitación de Florence lles contaba a súa vida e as vicisitudes i experiencia naquela guerra lonxana.
Bueno, que espero que podades aproveitar coma nós esa oportunidade e vos impregnedes un pouco do seu espiritu.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input