O persoal que traballamos para a sanidade pública en xeral dentro do "sistema administrativo" vemos a nosa relación co 'empresario' regulada e modulada por múltiples normas segundo que eido da relación se trate. Tod@s coñecemos o conto da "praza para tódala vida" e pode que tod@s saibades que si ben os postos de traballo en Atención Primaria soen ser nominativos e ter un código numérico que os identifica univocamente (tal posto pertence a tal propietario) nos hospitais os postos vinculanse ó "centro de gasto" e logo, no seu interior, acontece o que seña.
Así, unha persoa que 'toma posesión' dunha praza nun hospital ocupa o posto que deixa a persoa que tiña o contrato de interinaxe desa praza e ise debera ser o seu destino definitivo dentro do centro pois existe unha máxima na administración que é: "Ningún contratado nen fixo pode desprazar a outro fixo do posto asignado salvo que iste solicitase o traslado ou pasase a outra situación distinta á de activo".
Mais coa Santaopextraordinaria e a cantidade de situacions de "reingreso provisional" e a mezcla de tomas de posesión con traslados (paralizados 4 anos con ese conto) só gañaron "os pescadores", en moitos centros para non ter que cesar ós interinos que pasaban a "reingreso" (sen entrar no motivo dese reingreso) ocuparonse os postos dos fixos que marchaban de traslado coas persoas que se incorporaban (ben de traslado, ben de oposición) dicíndolles que se trataba dunha "adxudicación provisional" sen facelo constar en nengún papel. As prazas foronse asignando por orde de chegada á porta do despacho de dirección de enfermería coas execepcions das persoas que xa eran interinas no mesmo centro e que tomaban posesión nel que "xa escolleran".
Logo dun tempo e concedidas e recibidas varias persoas en "comisión de servicios" (¿para cando movilidade voluntaria aberta e permanente e movilidade automática por mor de reagrupamento familiar ou coidado á discapacidade?), convocouse un proceso de 'movilidade interna' regulado por un protocolo asinado pola dirección do centro e os sindicatos presentes no mesmo -non a xunta de persoal- cuns criterios xerais e de baremación que, coma todo texto legal, teñen mais flecos e buratos que claridade sen garantir equidade nen adecuación ó posto de traballo.
Tal é así que o proceso tarda 10 meses en resolverse sementando incertidume e dúbida en tod@s e indignación nos que len e entenden que blanco é blanco e non gris: Sistema nacional de salud non é só Insalud.Dándose o caso de que fixos desprazan a fixos (que si, que participaron voluntariamente mais son desprazados) e outros fixos pasan á 'volante'. Así as cousas cruzamo-lo Rubicón dos recursos internos e pasamos á fronte xudicial.
Mentras os profesionais debemos ir pensando si queremos seguir nunha estructura administrativa segura mais ríxida e anarquica que non ten en conta méritos "operativos" senon simplemente formais ou si a motivación e a especialización 'non academica' se deben ter en conta para isa distribución interna nos centros ou, se cadra, que dentro dos hospitais cada praza teña tamén o seu código e cada un(ha) saiba xa a onde vai cando elixe e non 25 meses dempois.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input