O programa; que tenta dar unha dimensión mais humana ó momento do nacemento sen perderen de vista as espectativas e deberes de seguridade para recen nado e nai e a necesaria integración d@ acompañante no intenso i emotivo intre do alumeamento mais tamén no, ás veces longo e duro, proceso da dilatación e o traballo de parto é froito do compromiso e o traballo de moitas compañeir@s matronas (enfermeiras especialistas) enfrontadas á incomprensión e o recelo de parte (que moitos tamén comparten os obxectivos e o traballo) dos obstetras.
Confundir rasurado con episiotomía como fai o cadro ó pé do artigo non debera impedir ve-la realidade mais si resta certo 'brilo' a unha nova que en sí é positiva e que sería mellorable si a outra grande eiva (dende o meu punto de vista) a atención natal e postnatal como é a lactancia materna obtivera os mesmos resultados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input