2008/02/24

O dito: Con emprego estable e remuneración digna non hai migración

Que un ministro explique iso está ben, que ese ministro xa 'non pinte' na organización e xestión dos RRHH da sanidade pois é o que hai.

Nunha entrevista ás "principales revistas sanitarias de enfermería" o ministro de sanidade fala con liberdade e critica veladamente á Lei 44/2003 de ordenación de profesions sanitarias por crearen a posibilidade de distintas carreira profesionais dentro do SNS e o pon como exemplo das trabas á circulación de profesionais, circulación que cita á hora de valora-la chegada de profesionais de outros paises dos que dí:"El único aspecto que tenemos que tener en cuenta es que hablen la lengua del paciente."

Recoñece que as administracions non sabe cantos profesionais sanitarios hai en exercicio nen donde exercen nen que fan co que, implicitamente, recoñece que toda planificación i estratexia de RRHH será pouco útil si se parte deste descoñecemento. O rexistro de profesionais sitúase, logo, como prioridade. A este rexistro eu engadiríalle os datos do percorrido do propio profesional (servizos prestados) e a emisión dos correspondentes certificados ou, ainda mellor, a consulta destes datos (tra-la debida autorización do interesado) pola(s) administracions a efectos de concursos, carreira profesional etc.

Colateralmente abordase o tema do modelo sanitario pois del dependerán as necesidades de profesionais nos vindeiros anos; si se decide outorgarlle un verdadeiro papel á enfermería dentro da sanidade, por exemplo nos coidados ás persoas dependentes ou na atención ós programas de saúde está claro que o número de profesionais básicos aumentará. Si na atención especializada se conta coa enfermería para asumir roles autónomos no coidado de ostomías, na anestesia de baixo risco etc. haberá que formar especialistas de xeito sólido e planificado para cubrir esas necesidades.

Por evidente sesgo mediatico a restructuración das especialidades actualmente recoñecidas, sobor de todo do "caixón de sastre" da medico-cirúrxica, nin se menciona.