Google+

KonFushion

Eu coidaba que entendía a estructura e repato de tarefas do que se dá en chamar "estado das autonomías" mais VSQN.

A señora Ana Pastor ten bastante mais idea de sanidade ca min por elo seica vai se-la minitra de sanidade do posible goberno do señor Rajoy mais está a contribuir a causar unha profunda sensación de desorientación na xente que traballamos na sanidade ela e o señor Cañete porque ela arrogalle ó goberno central a competencia/capacidade de disminui-lo tempo de espera na sanidade pública e él ven a dicir que calquera que veña de fora se fai probas diagnósticas na sanidade pública sen esperar e, por suposto, gratis.

A sanidade como parte do debate nas eleccions xerais ten sentido no campo da equidade do catálogo de prestacions, nos temas de coordinación (que tardaron demasiado tempo en tratarse cando deberon ser o primeiro en 'quedar claro') e nas políticas de persoal que son a base do sistema e que son as que o poden facer entar en quebra. Mais o que agora haberá que explicar é como se mantén esta máxia dun sistema que semella 'ata-los cans con chourizos' ó tempo que ten eivas imperdoables.

Unha das principais é que, en realidade, quen gasta non recauda ou non recauda TODO o que se xera no seu territorio nen en taxas que teñan algo de relación coa sanidade. As autonomías deciden certas tarifas mais non todas e nese medio e medio son moitos os cartos que danzan. A solidaridade territorial é moi importánte neste aspecto para mante-la equidade das prestacions i evitar desprazamentos oportunistas ou obrigados.

No eido das politicas de RRHH o que ningúen explica é como actuar no mercado dos profesionais para lograr ter o número necesario de persoal de cada profesión i especialidade sen que chegue a situacions de "escaseza distribuida" ou de "abundancia mal pagada"; como planificaren de cara ó futuro para non formar cos recursos do sistema xente que teña que marchar fora a percurar traballo e melloras profesionais e ir substituindo ás baixas que van xurdindo co paso do tempo... en fin, como equilibrar ese mercado.

Fallan na campaña as verdadeiras medidas que pode de debe tomar e impulsar un ministerio de sanidade, medidas efectivas a medio e longo prazo como o foron no seu momento ( sec. XIX) o alcantarillado e o subministro de auga potable.

E fallan as contas pois si baixamos impostos ou 'devolvemos' impostos ¿de onde saen os fondos precisos para mante-lo sistema sanitario, incentivar ós profesionais e tomar medidas efectivas?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input