Google+

Contraprogramación

O merchandeising politico é o que ten que obriga a "contraprogramar" aínda que seña fume. O ministro ten que sair facendo un anúncio da proposta dunha lexislación mandatoria (vía real-decreto) que tentará iguala-los tempos máximos de espera... Se cadra se trata de algo menos imperativo que a proposta citada na anterior entrada que fai a señora Pastor mais; ¿realmente é creible?.

Faise un decreto de 90 días de espera máxima para Intervencios Cirúrxicas e xa está. Hai que ser inocentes para creelo. Un decreto destas características só vai a abrir unha caixa de tormentas, reclamacions e desamparo. Non vou sair como a xente da FADSP dicindo que cousas así se fan para favorecer á sanidade privada mais sí que a poñen no "centro" do asunto.

Como xa levo comentado non se pode sancionar con anterioridade a cometer unha infracción e, neste caso, aínda que os sesgos son moi probables; pode que non teñamos mais remedio que aceptar a falla de capacidade da nosa sociedade para xerar un sistema de asistencia universal e semi-gratuita, mais debemos convir en que os proveedores que se acollan a participaren no 'rescate' do aseguramento público o fan coas mesmas esixencias no eido da calidade técnica, de xestión de RRHH (titulacions, cotizacions, tempos de traballo e descanso) e responsabilidade nos seus resultados que nos hospitais públicos e que esta aposta se faga para tódolos proveedores que desexen entrar a participar nestas condicions.

Bueno, que hoxe é domíngo e tócame pasalo mal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input