Fai 11 anos escribin sobre o cribado de cancro colorectal; non contaba con traballar directamente no principio da cadea...
Como xa relatei que o programa de cribado se extendeu a todo SACYL en 2013 e os resultados "crudos" están a disposición na páxina de transparencia do goberno autonómico , tamén hai informes do "consejo económico e social" porén o mais completo o tedes no portal de datos abertos tendo coidado con comprobar que o dato das gráficas se corresponde co das táboas por iso fixen esta gráfica resumo con % de test positivo, % de cáncro do total de test positivos e % de cancro do total de test realizados cada ano.
Na captura se pode apreciar a qué me refiro con "resultados crudos". Porque o que me trae a escribir aquí xa non é o posible problema de dano asociado ó programa de cribado senon o que acontence dempois cos "casos intermedios"; eses 1935 casos con lesions de alto, medio e baixo risco de 2024.
Nos 3 anos que xa levo en AP temos recibido 3 documentos con diversos algoritmos tanto para a inclusión no cribado dos pacientes que reciben a carta como sobre a actitude a seguir cos pacientes que tiveron resultado positivo e non tiñan un cáncer invasivo.
Tanto no intre de realiza-lo TSOH do programa como na "interpretacion" do resultado da posible colonoscopia hai moitos parámetros a ter en conta e, por riba, o seu valor varía en relación entre eles e mais en virtude dos achádegos dos novos estudos. A isto se engade que, malía a existencia de documentos, consensos e protocolos na práctica a poboación percibe que a casos semellantes se lles dín cousas diferentes...
*Edade
*Antecedentes de pólipos e/ou CCR
*Grao de parentesco, edade do familiar con antecedentes; cantidade, dimensions, tipo anatomopatolóxico do polipos; tipo do cáncro colorectal.
*En caso de terse feito algunha colonoscopia previa: Tempo transcurrido, cantidade, dimensions e tipo anatomopatolóxico dos pólipos si os houbo.
Eu teño a impresión de que "Horus" (aplicativo de uso restrinxido no que se rexistran os datos de este programa de saúde pública) pide "I" a berros.
"I" de Intelixencia nun algoritmo de toma de decisions que "beba" os datos das diferentes fontes do sistema de información e, cando menos, a presente en conxunto nunha pantalla ós profesionais implicados.
Supoño que non o verei durante a miña vida profesional porque teño a sensación de que as IAs e similares só "aparecen" onde os seus resultados "serven"... para vender algo "mais" (mais cantidade, mais caro ou ámbolos dous).
Por de pronto habería que pedi-lo desexo de que os datos das persoas incluidas no programa aparezan estructurados cos parámetros que logo se piden ter en conta para a toma de decisions e non ter que estalos "rascando" de informes en tipo texto...
PD: Oportunidade de investigación. Resultame moi estrano non ver publicado "en paralelo" o total de casos de cáncer colorectal invasivo diagnosticado na CCAA (tanto o detectado polo programa de prevención como "fora" do mesmo) e aproveitar esas "cohortes" para compara-los desenlaces de interese clíncos, de costes e sociais.


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input