Google+

Pasiño a pasiño...

Se fai o camiño...

Xa hai tempo que teño escrito o que porei en post aparte; mais ata o de agora non o quixera publicar porque coidaba que todo isto era outra leria miña desas que me fan creer que gosto de nadar contracorrente.

O certo é que dándolle voltas ó tema da calidade e ós sistemas de certificación e mellora (ISO, EFQM) sempre botei en falla os primeiros chanzos que SI percorreu o mundo industrial nese eido. Mais agora semella que 'dende arriba' hai coherencia e verdadeira gaña de mellorar non só refacendo o modo de entendermos as cousas (reenxeñeria de procesos) senon tamén coñecendo o básico: O que facemos mal.

Tanto a OCDE como a Axencia de Calidade do SNS iniciaron unha 'cascada' de accions encamiñadas a coñeceren mellor e a concierciarnos sobor das fallas en seguridade que atinguen á atención sanitaria. O esforzo semellame, a mín que son lego, estar ben organizado pois por primeira vez se fala de engadir nos sistemas de información os indicadores seguintes sobre seguridade do doente:

Indicadores para la Seguridad del Paciente Recomendados por HCQI (Mejora de la calidad en Sanidad)

  • Infecciones hospitalarias
Neumonía asociada a la ventilación mecánica
Infección de herida
Infección debida a la atención médica
Úlcera de decúbito

  • Complicaciones quirúrgicas y posquirúrgicas
Complicaciones de la anestesia
Fractura de cadera posquirúrgica
Embolia pulmonar posquirúrgica (PE) o trombosis venosa profunda (TVP)
Sepsis posquirúrgica
Dificultad técnica con un procedimiento

  • Sucesos centinela
Reacción a la transfusión
Grupo sanguíneo erróneo
Cirugía sobre una parte errónea del cuerpo
Cuerpo extraño dejado durante el procedimiento
Sucesos adversos relacionados con el equipo médico
Errores de medicación

  • Obstetricia
Trauma neonatal – daño al neonato
Trauma obstétrico – por parto vaginal
Trauma obstétrico – por cesárea
Problemas en el parto

  • Sucesos adversos relacionados con otro tipo de atención
Caídas del paciente
Fractura de cadera o caída hospitalaria
Isto ven a conto de que onte se distribuiu no meu centro unha enquisa enviada pola dirección xeral de Planificación, Calidad, Ordenación y Formación da consejería de sanidad e chamada "cuestionario sobre seguridad de los pacientes" (traducción da validada pola AHRQ) mercede a que se tenta ter unha impresión da "cultura da seguridade" que temos os profesionais 'de a pé' e de como percibimos o entorno no que desenrolamo-la nosa actividade no que respecta á seguridade do doente.

O estudo terá dupra utilidade pois por unha banda o empregará (ou debera) a citada D.G. para obter unha imaxe fixa sobre o tema e deseñar accions tanto formativas como de sensibilización e mellora nese eido e por outra parte se enviaran xunto cos cuestionarios de outras comunidades para o "Proyecto CUSEP" (Cultura de seguridade do doente) que fai a universidade de Murcia e a citada ACSNS.

Ámbalas iniciativas semellanme apuntar realmente ó centro da diana da calidade... aceptar o que se fai mal para poder melloralo.

Hoxe non teño mais tempo, hai que ir face-lo choio.

Cando hai que por distancia para dicir verdades

Moi interesante o artigo de "El Pais" de hoxe sobor dos médicos españois en Portugal...

Hai cousas que constituen auténticas 'queima das naves'; verdades coma puños que mancan ós que realmente, sin ter capacidade intelectual nin de autoridade, teñen un obxectivo único: Mante-lo control do tema sanitario para seguires facendo cartos.

Frases como:
"Son pocos y tienen mucho poder". "Y tratan de mantener su élite apretando en el numerus clausus", ...(marcharon)"hartos de un sistema totalmente perverso y cerrado".

Falan por si mesmas. Pero hai mais; non só se fala do control do mercado laboral, da súa limitación para, estreitando a oferta e ampliando a demanda obter mais senon que se vislumbra a participación do sector industrial...
"Me ofrecieron una beca de párkinson en Sevilla. Consiste en ser el chico para todo de un médico célebre. Lo paga la industria. Y lo que en teoría sirve para terminar tu tesis doctoral, en realidad consiste en tratar pacientes a destajo"
E non se trata dun tema político, non. Trátase dun tema no que un sistema de asistencia universal ten moitos problemas para cubrires a súa demanda de servizo e de cales son as consecuencias.
Por cada 3 meses de lista de espera que ten un centro público, ¿onde rematan os doentes e, polo tanto, os cartos?... As iniciativas de eficiencia do sistema e de aumento da productividade sempre atopan trabas na propia estructura administrativa, na 'representación dos traballadores' e nesa escasez de persoal sanitario (Hai 15 anos enfermeiras, agora facultativos).
Mais cando un fala de cousas que se fan en outros paises como o Reino Unido e Noruega onde a enfermería especializada presta servizos asistenciais como anestesia supervisada de doentes ASA 1, ciruxía menor, atención ambulatoria cando se trata da aplicación de protocolos consensuados... entón sáenche conque non se ten a formación, conque non se pode desvestir un santo para vestir a outro...
E claro, por non falar das consecuencias da nova lexislación e do Sistema Nacional de Dependencia no que a enfermería debera se-la profesional de referencia no eido dos coidados e de tódalas facetas dese coidado (como a medicación preventiva protocolizada) e non unha especie de 'recadeira' de persoas apoltronadas en despachos lonxanos.

Para rematar:
"la política de universidades y de plazas ha sido una chapuza total. Independientemente del color político, las comunidades autónomas han montado sus reinos de Taifas y no hay movilidad"
Faime gracia dado que agora estamos 'lidiando' coa homologación da carreira profesional e, a pesares do claro que o pon o BOE do 27/2/2007 aínda hai que andar con certificados, e outras lerias... E tamén ten chiste que si o citado BOE pon...
Los servicios de salud reconocerán de manera automática los grados de carrera acreditados por un profesional en otro servicio de salud (grado inicial por inicial, grado I por el I, etc.), referidos a la misma especialidad, categoría profesional o grupo de titulación.
se teña que constituir un Observatorio de carreira profesional no SNS e o Consello xeral de colexios veña a dar brasa coas desigualdades entre comunidades; eso tíñano que ter manifestado cando se lles consultou sobre a LOPS e o estatuto marco.

Formas de desacreditar ou acredita-la formación.

Únome casualmente á conspiromanía para anunciar o futuro escándalo dos créditos de formación contínua e proporcionar un punto de vista resolutivo.

Dende que entrei nesto profesionalmente vin, como calquera, que manterse actualizado é unha obriga para o profesional sanitario malía a súa especialización nunha faceta concreta. A dita actualización non tiña que ser precisamente mercede a cursos; podía e pode facerse dun xeito autodidacta mercede á leitura de artigos, participando en sesions clínicas e seminarios; incluso participando en congresos.

Mais, como ó principio bota un moito tempo dando tumbos dun servizo a outro e por diversos centros a formación contínua ten outras finalidades: completa-la formación básica, abrir novos eidos formativos non abordados polo plano de estudos, etc. ata que se crearon os ben intencionados sistemas de contratación temporal e a baremación dos cursos e publicacions(este apratado non me atrevo nen a esbozalo...).Si ben ata ese intre cursos e publicacions puntuaban para os concursos e Ofertas Públicas de Emprego (OPE) o certo é que o xurdimento destes sistemas significou a defenitiva 'mercantilización' da formación continuada de tal xeito que ó valorar que cursiños se ian a realizar o principal criterio era o de "pesetas/punto".

Simultaneamente creouse o sistema de acreditación da formación continuada e a Comisión de Formación Continuada (CFC) centralizada inicialmente en Madrid e cun selo característico; de tal xeito que non tódolos cursos eran válidos para segundo que uso e só os que estivesen acreditados con ese selo eran de recoñecemento 'obrigatorio' nacional. De seguido proliferaron os cursos a distáncia acreditados e se puido observar como cada empresa de formación conquería a acreditación dos seus cursos sempre no mesmo organismo... Tamén de seguido se escomenzou a falar da necesidade de facer algo mais que acredita-los cursos para asegurar un rigor científico e unha adecuación ós obxectivos estratéxicos do Sistemas de Saude Autonómicos (SSA's) e do Sistema Nacional de Saude (SNS).

Os derroteiros políticos deixaron o tema apartado e para ben ou para mal desenrolouse unha 'industria' da formación continuada na que participaba a própia administración, acusada incluso de competencia desleal, por cumplires o lóxico mandado de proporcionala; os colexios profesionais, os sindicatos, as universidades, organizacions benéficas i empresas de todo xeito (editoriais, academias, aseguradoras...). Todas elas tentando; ben por vía da acreditación, ben por via da inclusión nos baremos dos correspondentes sistemas de contratación temporal e/ou definitiva (OPE) que os seus cursos tiveran o máximo "valor" para os potenciais clientes. Chégase (e se sigue facendo) a puntuar cursos de preparación para oposicions de discutible valor como formación contínua.

E agora ven a reviravolta de dobre lazo que representa por un lado a carreira profesional e por outro as 'non natas' especialidades... sen falar do qué se fará para a convalidación do título de grao. Non cabe dúbida de que a obriga moral e técnica da formación continuada ten que estar valorada e baremada dentro do sistema de carreira profesional; é mais, para mante-lo impulso a necesidade de formación é polo que sosteño que os graos 3 e 4 sexan reversibles... mais isto acaba de facer estoupar a delicada credibilidade do sistema de acreditación e a escasa calidade da información que se fai respecto á formación continuada e ás formalidades dos títulos expedidos.

Explícome: Cando un remata a carreira e obten o seu título universitario este contén no seu reverso un código alfanumérico de identificación que permite a calquera verifica-la súa veracidade no rexistro correspondente non só da universidade que o expediu senón que tamén a nivel central no rexistro estatal correspondente. Mais isto non se fai de xeito obrigatorio coa acreditación CFC; que si ben non ten porqué ser concedida por unha única autoridade acreditativa si que debera codificarse de tal xeito que para comporba-la veracidade e características (horas acreditadas, modalidade da formación, cualificación obtida, eido(s) sobre os que versa etc.) dun curso bastase introduci-lo dito código nun formulario de consulta.
¿Porque desta "conspiranoia"?; porque, polo menos no Sacyl, os créditos empregados na obtención dun grao non se poden empregar en outro (lóxico) mais non se observa ningún sistema que garanta dito extremo e, por outra banda, nada impide a un servicio de saude non considerar os cursos acreditados por outro si pensa que quen o acreditou non é quen debería telo feito...
Hai moitos cartos en xogo para as empresas de formación e para os traballadores; o SNS xógase moito coa formación contínua que é unha ferramenta para introducir melloras e calidade, para premiar avances e para o desenrolo profesional. Hai que tomala en serio e xulgala coa mesma rigurosidade que á formación academica, incluso, ó nivel de facer auditorías non só dos cursos senon tamén dos sistemas de acreditación e dos medios docentes.

Afogo administrativo

Ou como adicar unha organización ó que non ten que facer.

Nestes días, e brindando novamente argumentos ós conspiranóicos, o Sacyl ven de convoca-lo prazo de apertura das bolsas de contratación e o prazo de solicitude do segundo grao da carreira profesional pola vía "café para tod@s".

Semellan feitos normales e precisos que non deberan dar lugar a ningunha protesta. Xa vedes o meu é a guerra e o 'tocamiento'; será cousa da idade... Non deixo de cavilar no moito que se desaproveita a ferramenta informática e os datos que xa se aplican na xestión diaria do persoal e a aparente desconexión entre os datos de cada centro e as correspondentes direccions xerais nos servizos centrais.

Cun panorama como este; ¿Como é posible que se fale dunha politica integral de recursos humans, de planos de axeitamento dos mesmos ás necesidades estratéxicas do servizo de saude, de deseño de ferramentas de formación e de seguridade e saude?. Trabállase como si "arriba" non soubesen as características das súas plantillas, os datos que delas se teñen e os conceptos retributivos que se lles abonan...

O do sistema para a contratación temporal podería te-la escusa de que se ten replantexado, que se aplica un novo baremo, que o modelo é diferente.
Mais habería que demostar que non se percura unha emisión/cobro contínuo de certificados e fotocopias compulsadas de cursos; que se traballa racionalmente e que o expediente de cada individuo vai recollendo a información en tal formato que permita a súa nova explotación aínda que tróquen os baremos; porque sumar días traballados e sumar horas de formación acreditada o fai calquera aplicación informática e os datos se poden recoller nun centro (arquivando alí os documentos acreditativos) e ter copias de seguranza nos servizos centrais; copias que permitirían mobilizaren expedientes.
Esta proposta de traballo permitiría que só se tivesen que engadi-los novos méritos e isto tamén se podería obviar si se trata de tempo traballado para o própio servizo de saude convocante e para cursos de formación acreditados polo mesmo.

Edición 12/11.
Ata fai pouco coidaba que o de pedir certificados a diestro e siniestro era cousa de poder responsabilizar a outros de posibles enganos e por elo argallei que iso tiña unha solución doada recurrindo a un INFORME DE VIDA LABORAL. Este emitiríase con autorización do interesado a prol da unidade administrativa de xestion de persoal que tivese que valorar o expediente.
Mais queda fora deste razoamento o único motivo para que teña que ser o centro de gasto o que realice a certificación: As áreas de traballo especializadas. Cousa por outra banda incongruente pois a administración recoñece no seu sistema de contratación temporal que hai certas áreas nas que é precisa experiencia (e formación ,ainda que esta non a miran); mais logo non fai distingos entre os propietarios á hora de acceder a estes áreas ou de prestar servizo nelas.

O da carreira profesional NON TEN PERDÓN DE DIOS e semella percurar únicamente deixaren fóra a quen pillen desprevenido... A min algúen me vai ter que explicar como é que pagandome un concepto X que xa teño documentado e recoñecido (por eso o pagan) teño que voltar a documentar o dito mérito para outro pago.
A antiguidade no sistema recoñece o tempo de servizos prestados. A administración sabe cantos trienios paga e cando se cumpliu o derradeiro e cando se vai cumplir o seguinte... é indignante ter que voltar a certificar todo cando xa te pagan por elo.
O mais sangrante é que recoñecen ter os datos, mais só para quen leva TODO o tempo traballado no mesmo centro; é como si o que se certificou para paga-la antiguidade non valera, como si daquela os certificados puideran estar errados.

Elixese non facer distincions na hora de brinda-lo grao II mediante acceso extraordinario desperdiciando o potencial de motivación dunha medida deste tipo e logo CASTIGASE ás persoas que, por uns motivos ou outros, tiveron que traballar en diversos centros durante a súa carreira.

Edición 13/11.
A prol das persoas que traballan na administración podo dicir que tamén el@s ven lóxico e mais operativo o que comento, mais que non teñen; polo de agora, a ferramenta axeitada para elo. Estan "trabajando en ello".

Un centro sanitario debe adicar a maioría do seu esforzo a atender ás persoas que lle confían o seu coidado, diagnóstico, curación, recuperación e seguimento e a facer isto con garantías; non é de recibo que a estas alturas do desenrolo tecnolóxico das TIC haxa que ter unha cantidade inxente de recursos humans e de tempo adicados a percurar datos, facer certificados, compulsar fotocopias e demais lerias e mais tendo en conta que algunhas das informacions que se van xerar xa están no sistema como demostran en outras comunidades onde a carreira profesional se abona de xeito automático.

Comunicación externa e interna

Unha das lerias que me permito prognosticar no actual estado da sanidade é o aumento dos problemas de comunicación... Tanto dos realmente graves problemas de entendemento entre doentes e persoal da sanidade como os problemas de comunicación entre os propios profesionais sanitarios.

De cara ó doente sempre existiu unha barreira de comunicación que radica na mesma esencia do que é a sanidade: a diferencia de coñecementos. Cantas veces ten un(ha) que "traducir" o que outro dixo porque o doente non comprendeu e non se atreveu a preguntar?; Por elo as actividades de 'comprobación de comprensión' figuran pertinentemente en moitos protocolos; sobor de todo nos que competen a tarefas que o doente deberá realizar de xeito autónomo e sen presencia do persoal ( autocoidados , preparación para probas, etc.).

Sobre esa barreira habería mais que dicir; por exemplo como influen os factores de formación, cultura e idade e como está a influír a chegada da nova poboación nese aspecto. Neste punto irrompe con forza unha nova fronte dun tema xa presente e debatido decote mais sen publicidade: A barreira idiomática.

Nunha organización político-social na que conviven pobos con diversas falas oficiais e semioficiais ó mesmo tempo que se ten incrementado a mobilidade das persoas os problemas de comunicación por mor do idioma estanse a por de manifesto de novos xeitos, sorprendentes mais non por elo imprevisibles; que nalgúns territorios se veñen a engadir a vellos problemas comunicativos de raigame idiomático-cultural con fonda implicación "Psico-política".

Así as cousas temos agora que os que facíamos de "tradutores" entre doente e outros profesionais para evitar confusións de mensaxes por mor de coñecementos e suposto "status" lingüístico-cultural vémonos loitando por facermonos entender e por comprender o que nos dín doentes de moi diversas localizacións e culturas nunha linguaxe precaria .Hai moito desenrolado ó redor deste eido como para eu descubrires ren; pero vexo ideas interesantes...

No eido interno os problemas de comunicación tradicionalmente se deberon a problemas de 'posición' e de non entender ou entender mal o que é unha equipa de traballo e a imprescindible orientación de tódolos esforzos cara ó obxectivo da atención ó doente. O compoñente idiomático xogaba un rol secundario ben polo escaso dos movementos demográficos (comparados cos de agora) ben pola posición que no conxunto da sociedade ocupaba cada lingua. Agora isto troca rápida e dramaticamente.

Por unha banda, aínda que escasos, temos profesionais que lle brindan gran valor ó seu idioma non só nas súas comunicacións informais c@s compañeir@s senón que lle outorgan o valor que legalmente ten no eido oficial empregandoo decote nos documentos que reflicten o seu traballo. Mal que ben esta actitude é lida en clave política por outros membros da equipa que, lonxe do ánimo de comunicarse, perciben como agresión calquera emprego de outro idioma que non sexa o seu aínda que entenda (i estea obrigado pola lei a entendelo) o outro idioma. Xa fai moito que sabemos que as observacións de enfermería escritas non se poden emendar mais aínda hai quen tacha ou arrinca o que outr@s compañeiros escriben porque non está na lingua que coñece.

Mais todo isto son "xogos florais" comparado coas situacións que se estan a vivir mercede á incorporación de profesionais da UE ó necesitado sistema sanitario; unha situación que fai tempo estaba restrinxida a certas áreas mais que agora se vai estendendo e que requirirá por parte de tod@s mellorar a nosa predisposición a comunicarmonos; a entender e facernos entender mais aló xa dos criterios legalistas se queremos prestar unha atención sanitaria non xa eficiente, senón efectiva.

No tocante á obriga da administración de protexer, fomentar e velar pola lingua própia se pode escomenzar por aplicar esa obriga nos impresos de todo tipo que aínda hai que cubrir no sistema sanitario e, como suxerencia, me permito sinalar que non se esqueza o tema inmigratorio xa sinalado e que nos impresos se inclúa o inglés como xa se fai en múltiples estados nos que, ben por multiculturalidade propia ou "importada" o pragmatismo obriga. Para un futuro no que se impoña o emprego das TIC quedan as aplicacions de traducción automática estandarizada que permitan compatibilizar a lingua de cada quen coa necesaria e totalmente obrigatoria comunicación efectiva.

A vella pregunta sen resposta

Aproveitando que ningúen "da casa" lle presta atención a este blog vou descolgar unha pregunta que NON está no ambiente mais que si ten que ver co sustancial do tema.

Abertas as especulacións do melón sucesorio sen que estea claro que dita posibilidade exista correu polos pasillos do centro e polo congreso da área local de que si un, de que si o outro... antes de saber si o novo "administrador" será alguén da casa ou alguén vido de fora.

Eis a pregunta; e o tema de debate é, no fondo, a profesionalización da xestión.

Suponse así sen mais que alguén de fora non coñece o centro en profundidade, como moito polos datos publicados e por referencias da xerarquia que lle pode oferta-la posibilidade de 'capitnea-la nave'; mais tamén se lle presupoñen dous elementos fundamentais no eido da XESTIÓN: Formación específica (mais aló de congresos) i experiencia profesional previa (ben no mesmo cometido, ben en outros 'do escalafón'). Dende o punto de vista da politica interna local e tendo en conta que o centro é unha das principais empresas da bisbarra e a que mais emprego xera a arrivada dun novo xestor foráneo podería ser non ben recibida mais encaixaría na liña marcada dende antes das eleccions municipais no Partido Politico que goberna o tema.

A unha persoa do centro suponselle carente desa formación (cousa que ben podería ser un erro) e, salvo alguns casos senlleiros, de experiencia en postos similares e presupónselle (tamén podería ser erroneamente) un bó coñecemento do funcionamento do hospital para ben e para mal; neste tipo de candidato destaca o campo de relacions co 'establishment' pois neste entenderíase que a súa opinón debe ser tida en conta. Ten o principal perigo na desconexión que pode sufrir a nivel provincial e autonómico á hora de percurar recursos ou de facer ver as necesidades que se teñen. Por outra banda un xestor cuio posto "de retorno" sexa no mesmo centro que xestiona pode ter motivacions extras para non tomar algunhas medidas que poden ser precisas ou, polo contrario, pode aproveitar o posto mais para o progreso e os asuntos persoais que para ofrecer solucions e (sobre todo) motivación e ilusións novas á xente que nel traballa.

Bueno, non vos matedes a facer comentarios; ide dun en un que hai tempo... Eu coido que "desta non vai" porque o noso actual xefe está ben en Ponferrada salvo que en Madrid digan o contrario.

O papel da enfermería na RCP

No documento (.PDF 334Kb en inglés) publicado o venres pasado polos colexios de mediciña i enfermeiría e polo consello de resucitación do Reino Unido vense a por en valor o papel dos profesionais de enfermeiria correctamente formados e avalados pola lexislación local na toma de decisions nos procedementos de RCP. Estas decisions incluen a Non resucitación ou o cese do procedemento.

Son cousas como estas as que demostran como se aposta verdadeiramente por validar ós profesionais para a realización das tarefas para as que están capacitados e que institucions son as que teñen que porse "en faixa" para sacar adiante a falla de profesionais que padece o sistema público de saude.

Tamén é certo que logo teñen "chorradas" como as normas de uniformidade que vallame deus...

Seguridade de que?¡¡¡

E tivo que ser xusto nestas detestables circunstáncias nas que a equipa da oficina de seguridade da información da GRS-Sacyl viñera a face-la presentación das medidas de seguridade xenéricas respecto ós ficheiros informatizados declarados no centro.

A min chámame poderosamente a atención a pouca presencia do persoal sanitario nas charlas ainda que vendo o exemplo de como difiren a teoría e a práctica á hora de preguntar detalles e aplicarse o conto no intre de falar mellor foi que non acudise ningúen mais.

Malía a ser un deber coñecido por tod@s a obriga de gardar confidencialidade sobre tódolos datos dos doentes e, en especial, sobor dos datos "sensibles" como o estado de saude, relixión, opcion sexual etc. está moi banalizada na práctica diaria tanto no canto dos soportes de papel como no relativo ós datos que (pode) mostrar unha pantalla ou que se poden cargar nun soporte calquera... moitos son os fallos que cometemos neste eido e mais tendo en conta "as dúas facianas da información" ou sexa o que se dí e o que NON se dí; por exemplo: se digo que alguén 'non está ingresado' xa estou proporcionando un dato a quen desexe atopar a unha persoa en concreto ¿non si?.

En toda manifestación pública ó respecto de un acontecemento do tipo ó que nos enfrontamos o mais que se pode facer dende un centro sanitario é remarcar o dereito á intimidade do doente e da súa familia e lembrárllela a tódol@s que traballamos no centro.

Co outono...

Seica na sanidade co outono non só caen as follas senon que é o tempo dos Congresos e dos rumores... Así que hai unha chea de eventos por toda a xeografía peninsular nas que o principal son as conversas non regladas entre os profesionais, entre estes e os axentes das casas comerciais, entre todos istes e os xestores... ¿u-lo os usuarios?; supoño que na casa, ainda que tamén farán congresos.

Claro, tanta conversa de pasillo non pode dar senón ó ruxe ruxe; cerimonia da confusión na que o fenómeno da bola de neve é o mais común e hai xente que se adica con fruinción a elo por puro divertimento. A marcha dun xerente provoca a 'movilidade' de outro e, xa se sabe, "a rei morto rei posto" polo que se fala das candidaturas potenciais, reais ou fantásticas incluso de terror. Eu coido que non se debe perde-lo tempo nelo porque realmente non ten importancia quen vai chegar senon que importa que vai facer e como pensa facelo.

A única capacidade que, nunha organización ben 'engraxada' e diseñada, precisa un xestor é a de ser CREIBLE na súa implicación con eses obxectivos implicitos que temos os membros da mesma e a de crear ILUSIÓN por mellorar o que se fai e como se fai.

No fragor da polémica

É certo que non seguin o sabio consello de leer, valorar e calar.
Non podía; que un problema tan grave como a falla de facultativos se empregue para falar dunha maquinación ó mais puro estilo 'complot xudeo-masónico' por unha forza política que promove e mantén noutros lares os mesmos mecanismos de xestión que eiquí critica resultoume irresistibel así que fixen este comentario:
No faltando razón en los ratios empleados tanto en el articulo como en los comentarios lo cierto es que la falta de personal facultativo en general es un claro ejemplo de "falta de previsión" desde hace 10 años que a todos toca y que la falta puntual en la UCI del H.Bierzo puede tener otras motivaciones 'de fondo' relativas justamente a esa temida privatización de la que se habla.

En cuanto a las comparaciones respecto a otros centros de la comunidad tiene una respuesta compleja. La dispersión poblacional exige mantener ciertos servicios más allá de los ratios y el reparto actual de los recursos no se deben resolver de un modo traumático (trasladando forzosamente) .Las soluciones de futuro son de aplicación compleja y lenta; resultando, pues, alarmante que aún no se sepa cuales son las opciones elegidas.

Que el P$O€ hable de privatización tiene gracia teniendo en cuenta las "nuevas formas de gestión" que se emplean en las comunidades gobernadas por ese partido y su reiterado uso de conciertos con los medios diagnosticos y terapeuticos disponibles para hacer lo que el seguro publico DEBE: atender a los ciudadanos.
Quero aclarar o tema das 'motivaciones de fondo' para evitar confusions.

Como acertadamente comenta este outro señor dende o principio do verán os facultativos da UCI veñen facendo unha guardia cada 3 días por mor da marcha dun compañeiro...que elexiu a opción da sanidade privada. Como tantos outros coidou que é mellor traballar para o seguro público 'dende fora' que someterse a un sistema que obriga ó persoal a soportar os "sobrecustes" da atención continuada co draconiano sistema das guardias. Do resto do comentário dicir que é certo a ollos vista que o ritmo das obras esta moi ralentizado e que no campo da contratación de persoal aparentemente se teñen desbotado oportunidades de reter a xente en especialidades clave mais tamén é certo que ámbalas obras as leva a Consejería dende Valladolid e que a contratación de persoal na sanidade ten restriccions legais que impiden, por exemplo, ofertar unha vacante dun posto que ten dereito a reserva durante un ano... Polo demáis se cadra alguen con mais coñecementos e memoria lle podera lembrar as súas aportacions pola sanidade berciana.

O mais triste é que o medo ó peche segue sobrevoando en centros e servizos da sanidade pública. Haberá que preguntarse ¿de onde sacan os seus facultativos os centros privados?, ¿que tipo de relación laboral teñen, que retribución, que tipo de servizo prestan?...

PECHADO!!!

Tal é o título da película de terror que viven algúns centros sanitarios por mor da escaseza de persoal facultativo... Outro tanto acontece co persoal que non realiza actualmente gardas nos centros de saúde e que vai escoitando o ruxir do vento das "necesidades do servizo" cando xa pensaban que non voltarían a pasar unha noite en vela en beneficio da comunidade.
Agora xa non son "oubeos de kan" os que dín que hai escaseza de previsión e que, sendo o período formativo dun facultativo duns 11 anos, esa falla de planificación repartese igualmente entre os gobernos actual e anteriores. Tamén somos moitos os que coidamos que certas teimas das 'mentes pensantes' da clase médica teñen que ver cun certo sentimento de posesión e control do mercado laboral que os leva a manter un baixo número de prazas na carreira de medicina i en certas especialidades así como a teima contra o feito innegábel da prescrición enfermeira e outras moitas funcións e tarefas que a enfermería e as súas especialidades poden realizar no canto de ter ós escasos e custosos facultativos facendo técnicas e procedementos xa rutineiros.
Pode que sexa suicida mais aínda está por ver canto crían nas súas ideas os que deseñaron as actuais 'leis básicas da sanidade' aplicando tanto o estatuto marco como a lei de ordenación de profesións sanitarias para por algúns remedios a medio e longo prazo por exemplo á hora de redactar i executa-los planos de ordenamento de recursos humanos evitando ese "centralismo reducido" que tende a concentra-los recursos nas principais capitales para que se podan dar "prestacións novas e punteiras" mentras nos centros comarcais se acumulan as listas de espera... As comparacións de procedementos programados por facultativos dispoñibles pon en evidencia que algúns centros e servizos están sobredimensionados.

Enfermería y Medioambiente

Con motivo del "día de acción blog" me permito publicar este artículo que, creo, de otra manera no vería la luz pues no pasó de la consulta a unos conocidos aunque me cabe la satisfacción de la reciente publicación en Medscape nursing de otro muy similar. Environmentally safe health care agencies: Nursing's responsability, Nightingale's legacy.



ENFERMERÍA Y MEDIOAMBIENTE
Una nueva perspectiva para una vieja tarea

Nieves Feliz Cruz y Xosé Manuel Meijome Sánchez. DUEs Hospital “El Bierzo”.

Anteriormente a la aparición de la “ciencia del cuidar” como disciplina documentada y desde su origen como tal hace más de 200 años, la enfermería conoce implícitamente el alto valor de un medioambiente óptimo para la obtención y el mantenimiento de la salud; tal y como estableció Florence Nightingale (1990: Pág.): “ Ningún conocimiento médico disminuirá la responsabilidad de las enfermeras de hacer lo que hacen, esto es, modificar el medio para promover procesos de vida positivos”1 Tenemos pues como profesión la responsabilidad ética y deontológica de contribuir activamente a la protección del medioambiente como forma de lograr unos mejores estados de salud para toda la población.

La enfermería a nivel mundial lidera esta responsabilidad como demuestran los posicionamientos del CIE2,3 , y de otras asociaciones con gran influencia como la AORN4 (Asociación de Enfermería Quirúrgica de EEUU). En nuestros entornos se percibe una carencia de cultura medioambiental desde los órganos de máxima responsabilidad tanto a nivel asistencial como profesional. Ciertas carencias “desde arriba” (consejo general y autonómicos, colegios, gobiernos, direcciones, juntas de personal y representantes de los trabajadores) no hacen mas que legitimar las loables iniciativas individuales que, a cientos, se observan en los centros y servicios sanitarios en este aspecto y no restan nada a nuestra responsabilidad personal como ciudadanos y como profesionales a este respecto

Siendo, como es, la enfermería el grupo profesional más numeroso de los servicios de salud y teniendo la responsabilidad de asegurar los cuidados de forma continua e interrumpida, no cabe duda que es el grupo que más impulso puede dar a la puesta en marcha de sistemas de responsabilidad medioambiental.

Actualmente la conciencia medioambiental forma parte de las líneas de gestión más avanzadas y ha sido incluida entre los ítems a valorar dentro de los modelos de gestión y evaluación de la calidad más aplicados como el EFQM5 . La concreción de estas líneas de gestión medioambiental responsable dentro de las políticas y directrices de los servicios de salud, puede y debe ser uno de los ejes transversales en los que se apoye la reivindicada participación de la enfermería en la gestión estratégica.

Cabe sorprenderse cuando centros y servicios sanitarios situados dentro de ayuntamientos que suscriben ambiciosos programas de gestión medioambiental como el EMAS6 no poseen en sus planes de gestión referencias sobre consideraciones medioambientales en general ni sea palpable la presencia de una línea transversal de preocupación medioambiental en los diferentes capítulos de los planes de gestión. Sin mencionar la ausencia de una declaración ambiental o, cuando menos, de una política medioambiental enunciada ni su inclusión en las memorias de los centros sanitarios.

Si en la alta planificación cercana parece ausente la preocupación medioambiental difícilmente se va a concretar en planes o disposiciones específicas por ejemplo en lo referente a la mejora de la recogida selectiva de residuos y no sólo en los planes, que al fin y al cabo son palabras, sino en las áreas de trabajo de los propios centros donde brillan por su ausencia o por su escasez y mala colocación los más mínimos mecanismos de recogida selectiva de casi cualquier tipo de residuo con la salvedad de la cantidad de iniciativas solitarias de recogida de residuos puntuales, como por ejemplo pilas, que se realizan contra el viento de la indiferencia general y la marea de la falta de apoyo formal.

Dada la actividad desarrollada en los centros sanitarios, su principal impacto ambiental se debe a la generación de residuos sanitarios aunque todo estudio sobre el comportamiento ambiental y su correspondiente declaración deba englobar también el análisis y actuación sobre los consumos procurando su adaptación a las exigencias de la responsabilidad medioambiental7 .

El principio de “las 3 R”, esto es, la Reducción, Reutilización y Reciclado de los residuos es desde siempre uno de los básicos de la conciencia medioambiental en el que se halla muy implicada la correcta clasificación de los residuos y el correcto manejo que de ellos se realice desde el momento de su generación. A lo largo de nuestras carreras profesionales tod@s observamos y sabemos la infinidad de gestos que mecánicamente realizamos, si los analizamos detenidamente podremos concluir que durante gran parte de nuestra jornada laboral realizamos una continua clasificación y gestión de residuos, clasificación que adaptamos a los dispositivos de recogida de los mismos disponibles en el área donde actuamos y a la información y formación que al respecto recibamos. El ejemplo más evidente lo constituye la clasificación de los residuos biopeligrosos, punzantes y cortantes en los correspondientes envases de seguridad y su correcto procesamiento siguiendo la cadena que la gestión de los residuos peligrosos marca; todo ello en pro no sólo del cumplimiento de las normativas al respecto sino, también de la propia seguridad y de la de quien con nosotros trabaja.

Así es que una persona informada y con una disposición organizada de medios a su alrededor puede contribuir reorientando sus gestos a una disminución de los residuos generados o a una redistribución de los mismos entre las diferentes clases de residuos disminuyendo aquellos cuyo procesado externo sea más insostenible (incineración).La reutilización es una oportunidad continua de ahorro oculta, que únicamente se puede llevar a cabo si se garantiza la transmisión de información sobre los residuos que se generan y las necesidades de material por parte de todos los actores de la atención sanitaria, hilando las sugerencias aparentemente inútiles con las necesidades no expresadas pero conocidas. La contribución al reciclado dependerá en gran medida de la correcta implantación y seguimiento de los sistemas de recogida selectiva y de la incorporación de los criterios de sostenibilidad ambiental en las decisiones de compra este por su capacidad de disminuir y reorientar los residuos que los productos implican en cuanto a volumen y tipo, aquel por ser la forma de captación necesaria y sin la cual no tendría sentido un esfuerzo en este aspecto.

Así pues siendo precisa la incorporación de los principios de “las 3 R” en la organización y gestión de los centro sanitarios todo ello no tendría posibilidad de éxito sin que el grupo profesional más numeroso y con mayor intensidad en la manipulación de los productos en el momento de generarse los diferentes tipos de residuos pusiera en esa rutina diaria de los gestos el alto valor de su conocimiento y su profunda concepción de la ciencia del cuidar más allá de los conocimientos técnicos y de los aspectos concretos de cada caso.

¿Debemos los profesionales de la sanidad aguardar a que las empresas inicien los correspondientes procesos de información, organización y puesta en marcha de líneas de sensibilización medioambiental en las políticas de sus centros?, ¿deben ser sus representantes los que llamen la atención sobre este aspecto y lo reivindiquen en los foros y mesas de dialogo social?, ¿porqué no dar un paso adelante e iniciar los propios trabajadores un movimiento hacia arriba en este aspecto dando un aire organizado a todas esas iniciativas aisladas e individuales?.

El asociacionismo como creación de un grupo de personas con similares intereses no es un invento nuevo ni extravagante, su concreción depende en gran medida de los propios asociados, de su capacidad de trabajo. Una organización lo suficientemente flexible puede facilitar el reparto de los esfuerzos y responsabilidades permitiendo el relevo constante de los “activistas” y colaboradores de la iniciativa; si a esto se añaden las posibilidades de las “redes sociales” merced a las tecnologías de la información permitirían, incluso, el apoyo entre diversos clubes / asociaciones de distintos centro entre sí creando un entramado que posibilitaría el intercambio de pareceres y soluciones a los distintos problemas, una interlocución más efectiva con las distintas fuentes de apoyo y con la propia administración que pronto vería las sinergias de un modelo de gestión medioambiental / sostenibilidad apoyado desde dentro.

Todo ello nos lleva a proponer la formación de un club o asociación interna en las áreas, centros o servicios que focalice su actividad en:

• Recoger información sobre qué residuos se generan en las áreas de trabajo.
• Estudio y análisis de los procesos y modos de trabajo en busca de la mejora en la recogida de los distintos residuos.
• Estudiar la normativa aplicable a cada tipo de residuo sobre su procesado y almacenaje
• Realización de propuestas muy concretas y específicas sobre las oportunidades de actuación.
• El contagio de la información y la captación de la retroalimentación al respecto.
• El pilotaje y apoyo a la puesta en marcha de los nuevos sistemas de clasificación y recogida resolviendo las dudas de los compañeros al respecto.

La organización de estas ‘células de responsabilidad sostenible’, su generación y puesta en marcha es la oportunidad de concretar y conectar con los principios filosóficos y éticos de nuestra profesión si aspiramos de verdad a cuidar mejor en un mundo mejor.

1 Nightingale F. Notes on nursing. Philadelphia: Lippincott; 1992.
2 ICN Health care waste: role of nurses and nursing. [e-book] 3rd ed. Geneva: International Council of nurses.; 2010. Disponible en:  http://www.icn.ch/images/stories/documents/publications/position_statements/E07_Medical_Waste.pdf.
3 ICN Reducing environmental and lifestyle related health risks. [e-book] 3rd ed. Geneva: International Council of nurses.; 2011. Disponible en: http://www.icn.ch/images/stories/documents/publications/position_statements/E11_Reducing_Environmental_Health_Risks.pdf
4 AORN Environmental Responsibility. [e-book] 4th ed. Washington: Association of periOperative Registered Nurses AORN.; 2013. Disponible en: http://www.aorn.org/WorkArea/DownloadAsset.aspx?id=21920.
5 Visionceg.com. Especial Modelo EFQM 2013. [Online] Disponible en: http://www.visionceg.com/index.php/modelo-efqm-2013 [Consultado 30 Dic 2013].
6 Concejalía de Medioambiente del Ayuntamiento de Ponferrada, “¿Qué es EMAS?, Implantación de un sistema de gestión medioambiental” ponferradasostenible.org. [Online] Disponible en: http://ponferradasostenible.org/?q=content/emas [Consultado 30 Dic 2013].
7 Hospital Clínico San Carlos Declaración Medioambiental enero – diciembre 2008. [e-book] Madrid: Hospital Clínico San Carlos.; 2009 pág 48. Disponible en:
http://www.madrid.org/cs/Satellite?blobcol=urldata&blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=filename%3DDM08.pdf&blobkey=id&blobtable=MungoBlobs&blobwhere=1266140654798&ssbinary=true.

Primeiro paso da futura H.C.

Fai un tempo falara eu criticamente do Tsunami que a Lei de Protección de Datos (LOPD) estaba a representar no eido da atención sanitaria anegando tódolos rexistros; tanto os clínicos como os administrativos e as posibles fontes de datos para a investigación, coa incertidume do "¿Poderei empregar este dato?" i engadíndolle a todo o SNS a grandísima responsabilidade da custodia de datos especialmente sensibles.

Tamén comentara eu que a LOPD ia ser un dos factores determinantes na adaptación das Tecnoloxias da información e comunicación ó eido sanitario e o futuro desenrolo dos sistemas de información e xestión de datos sanitarios.

Pois ben, O consello interterritorial ven de aproba-lo modelo de de Historia Clinica Dixital (HCD) para todo o SNS cun amplo consenso non só entre territorios senon, tamén cos profesionais e cos usuarios. Esta H.C.D. será accesible dende todo o SNS a "profesionais debidamente autorizados" e, como non pode ser doutro xeito, implantarase progresivamente.

AS TRABAS

Aínda queda moito por andar; non están definidos os contidos básicos do que será o primeiro chanzo desta HCD, tampouco existen detalles de como e quen financiará as infraestructuras necesarias para a implantación da "Intranet sanitaria" sobre a que 'correran' os datos. A definición dos puntos de acceso, as autoridades e a concesión de permisos de acceso, copia e reproducción de ditos contidos será un campo no que se verán enfrontados moi diversos intereses i enfoques.

A profesión enfermeira non debe consentir quedar ó marxe do acceso a este sistema e, esquecéndose de funcions e labores, debe atender a que os datos que garantan unha continuidade dos coidados profesionais brindados estéan incluídos neste sistema básico agora de xeito que nos futuros desenrolos non nos atopemos conque para facer constar unha atención, diagnóstico ou intervención teñamos que recurrir ó facultativo ou ó persoal de administración.

As que faltaban

Cando sairan as ordes de integración das fundacions que rexen varios hospitais do SERGAS botara eu en falla ó MEDTEC, a FEGAS e o Centro de transfusión de Galicia. Pois ben, as súas ordes de integración sairon onte día 10 no DOGA.

Agardemos que estes centros de traballo teñan a ben reforzar temporalmente o seu cadro de persoal administrativo de xestión de persoal e se podan facer tódolos anexo I e II sen obstáculos absurdos como as vacacions da única persoa adicada a elo... un prazo de 3 meses pode semellar amplo e deixar de selo por que entre que pides os papeis, os fan chos envían (si é o caso) e tes que solicitar algunha corrección se che van 2 ó lixo. Non esquencer que a todo isto se engaden os procedementos abertos de oposicións, traslados, recoñecemento de trienios ó persoal interino e a carreira profesional.

O que mais escama é que tratándose da mesma administración sanitaria que cotiza polos traballadores sexa cal sexa o seu centro de desempeño e tendo que estar cada céntimo de €uro que se gasta en persoal xustificado e intervido; estando como estamos na era das Tecnoloxías da Información... ¿como é posible que haxa que redactar estes modelos a man e centro por centro?. A ver si cando se cree o rexistro de profesionais do SNS se fai algo ó respecto para poder dispor dun historial laboral certificado emitido pola xerencia central do Servizo de Saude para o que traballas nun só documento.

Chupando da lactancia

Aínda a risco de seren considerado un reaccionario quero facer esta entrada para nos abroncar (incluido eu mesmo, bueno nós mesmos) pola falla de coherencia no tema da lactancia materna.

Nestes días de fomento da alimentación natural na primeira infancia non teñen faltado reivindicacions con aire ata de "cámara oculta" como as 'tetadas' colectivas en salas de museo onde se teñen producido casos de expulsión por dar de mamar a un fill@.

Mais do que ninguén soe falar é da terxiversación do obxectivo real do permiso de lactancia materna; ese que, polo seu nome, se deduce que se fixo para brinda-la oportunidade de que as nais seguisen dando peito ós seus fillos unha vez reincorporadas ó seu traballo ata os 9 meses da criatura.
Xa que o permiso se brinde en caso de adopción pode ser bastánte discutibel... pois aínda que a criatura adoptada sexa recén nada a nai debera pasa-lo trago de poñela ó peito sen brindalle ren e agardar 'a ver si arranca'.

Mais aló desa fantasia própia do cinema temos o esperpento do que se permite facer ás nais de parto natural coas "súas" horas de lactancia. Acumular horas para conquerir días libres. É unha práctica habitual, moi extendida e que facilita moito a xestión dos RRHH pois se pode suplir á persoa cun contrato de "acumulación de tarefas" ou, incluso, prolongar o mesmo contrato de cobertura da baixa por maternidade (ese que na empresa privada está bonificado polo INSS). ¿Facilitan estas prácticas a lactancia materna?, ¿Fomentana?; ¿U-las asociacions que promoven este xeito de alimentación natural?.

Seguramente en pouco tempo os pais 'gozaremos' dun permiso similar...