Ou como adicar unha organización ó que non ten que facer.
Nestes días, e brindando novamente argumentos ós conspiranóicos, o Sacyl ven de convoca-lo prazo de apertura das bolsas de contratación e o prazo de solicitude do segundo grao da carreira profesional pola vía "café para tod@s".
Semellan feitos normales e precisos que non deberan dar lugar a ningunha protesta. Xa vedes o meu é a guerra e o 'tocamiento'; será cousa da idade... Non deixo de cavilar no moito que se desaproveita a ferramenta informática e os datos que xa se aplican na xestión diaria do persoal e a aparente desconexión entre os datos de cada centro e as correspondentes direccions xerais nos servizos centrais.
Cun panorama como este; ¿Como é posible que se fale dunha politica integral de recursos humans, de planos de axeitamento dos mesmos ás necesidades estratéxicas do servizo de saude, de deseño de ferramentas de formación e de seguridade e saude?. Trabállase como si "arriba" non soubesen as características das súas plantillas, os datos que delas se teñen e os conceptos retributivos que se lles abonan...
O do sistema para a contratación temporal podería te-la escusa de que se ten replantexado, que se aplica un novo baremo, que o modelo é diferente.
Mais habería que demostar que non se percura unha emisión/cobro contínuo de certificados e fotocopias compulsadas de cursos; que se traballa racionalmente e que o expediente de cada individuo vai recollendo a información en tal formato que permita a súa nova explotación aínda que tróquen os baremos; porque sumar días traballados e sumar horas de formación acreditada o fai calquera aplicación informática e os datos se poden recoller nun centro (arquivando alí os documentos acreditativos) e ter copias de seguranza nos servizos centrais; copias que permitirían mobilizaren expedientes.
Esta proposta de traballo permitiría que só se tivesen que engadi-los novos méritos e isto tamén se podería obviar si se trata de tempo traballado para o própio servizo de saude convocante e para cursos de formación acreditados polo mesmo.
Edición 12/11.
Ata fai pouco coidaba que o de pedir certificados a diestro e siniestro era cousa de poder responsabilizar a outros de posibles enganos e por elo argallei que iso tiña unha solución doada recurrindo a un INFORME DE VIDA LABORAL. Este emitiríase con autorización do interesado a prol da unidade administrativa de xestion de persoal que tivese que valorar o expediente.
Mais queda fora deste razoamento o único motivo para que teña que ser o centro de gasto o que realice a certificación: As áreas de traballo especializadas. Cousa por outra banda incongruente pois a administración recoñece no seu sistema de contratación temporal que hai certas áreas nas que é precisa experiencia (e formación ,ainda que esta non a miran); mais logo non fai distingos entre os propietarios á hora de acceder a estes áreas ou de prestar servizo nelas.
O da carreira profesional NON TEN PERDÓN DE DIOS e semella percurar únicamente deixaren fóra a quen pillen desprevenido... A min algúen me vai ter que explicar como é que pagandome un concepto X que xa teño documentado e recoñecido (por eso o pagan) teño que voltar a documentar o dito mérito para outro pago.
A antiguidade no sistema recoñece o tempo de servizos prestados. A administración sabe cantos trienios paga e cando se cumpliu o derradeiro e cando se vai cumplir o seguinte... é indignante ter que voltar a certificar todo cando xa te pagan por elo.
O mais sangrante é que recoñecen ter os datos, mais só para quen leva TODO o tempo traballado no mesmo centro; é como si o que se certificou para paga-la antiguidade non valera, como si daquela os certificados puideran estar errados.
Elixese non facer distincions na hora de brinda-lo grao II mediante acceso extraordinario desperdiciando o potencial de motivación dunha medida deste tipo e logo CASTIGASE ás persoas que, por uns motivos ou outros, tiveron que traballar en diversos centros durante a súa carreira.
Edición 13/11.
A prol das persoas que traballan na administración podo dicir que tamén el@s ven lóxico e mais operativo o que comento, mais que non teñen; polo de agora, a ferramenta axeitada para elo. Estan "trabajando en ello".
Un centro sanitario debe adicar a maioría do seu esforzo a atender ás persoas que lle confían o seu coidado, diagnóstico, curación, recuperación e seguimento e a facer isto con garantías; non é de recibo que a estas alturas do desenrolo tecnolóxico das TIC haxa que ter unha cantidade inxente de recursos humans e de tempo adicados a percurar datos, facer certificados, compulsar fotocopias e demais lerias e mais tendo en conta que algunhas das informacions que se van xerar xa están no sistema como demostran en outras comunidades onde a carreira profesional se abona de xeito automático.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input