Agora semella que o problema é de nomenclatura; seica prescribir non lle vale ós facultativos así que se escollen as verbas "medicamentos autorizados" se lle asigna unha lista de productos sobre os que se ten competencia e xa está.
Isto lémbrame un debate que tiven cun facultativo ó que aprecio moito e de quen moito aprendin e teño mais que aprender mais que non comprendía como era que a enfermeiría dicía que realizaba 'diagnósticos'. Ata que a definición da RAE e a listaxe da NANDA conqueriu aclarallela situación.
O certo é que o 'modelo británico' segue a pesar moito no tema; tanto que o própio colexio acudiu ós colegas ingleses para que lles explicaran o seu funcionamento, coido que esqueceron mencionar que o sistema polo de agora non ten moita aceptación entre os propios profesionais:
Nursintimes 09/11/2007 acceso por subscripción gratuita
Nurses remain wary of independent prescribing
Many nurses continue to use supplementary prescribing, despite gaining independent access to the full formulary last year, research shows.
It had been thought that opening up the formulary might have reduced the need for supplementary prescribing. But initial findings from a study of 1,400 independent nurse prescribers, undertaken at the end of 2006, found that more than 40% were still using it.
This compares to a similar survey in 2005, which found 35% of 868 qualified nurse prescribers were supplementary prescribing. Both pieces of research were conducted by RCN joint prescribing lead Molly Courtenay.
'I think people are using [supplementary prescribing] to develop their skills,' she told NT. 'Where people have patients with complex conditions, they're not happy to prescribe alone, but they're happy to do it using a clinical management plan.'
As of March this year, there were 9,273 independent nurse prescribers in England.
Eu penso modestamente que isto ten unha lóxica tan aplastante que non habería que molestarse en explicalo... Mais interesante é que si se quere mirar ese modelo se seña capaz de facer unha análise completa (que inclua o positivo e o negativo) da situación da profesión alí. ¿ningúen se pregunta porqué si a sanidade británica lle outorga tanta capacidade e relevancia á enfermeiría teñen problemas de escasez de efectivos pola elevada taxa de abandonos da profesión?.
Seica a clave pode estar en como se organiza administrativamente o NHS e a leria dos trust; ou pode simplemente, que a moita xente non lle guste ter responsabilidades das que respostar...
A enfermeiría eiquí ten moitos campos de acción que non son recoñecidos nen polos seus própios dirixentes que empregan a forza da profesión en temas que rematan como "caixons de sastre" (a especialidade médico-cirúrxica) inservibles ou como cortiña de fume cando o interesante pasa por diante das nosas narices... como penso eu deste tema dos medicamentos e a implantación da lei de dependencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input