Google+

A vella pregunta sen resposta

Aproveitando que ningúen "da casa" lle presta atención a este blog vou descolgar unha pregunta que NON está no ambiente mais que si ten que ver co sustancial do tema.

Abertas as especulacións do melón sucesorio sen que estea claro que dita posibilidade exista correu polos pasillos do centro e polo congreso da área local de que si un, de que si o outro... antes de saber si o novo "administrador" será alguén da casa ou alguén vido de fora.

Eis a pregunta; e o tema de debate é, no fondo, a profesionalización da xestión.

Suponse así sen mais que alguén de fora non coñece o centro en profundidade, como moito polos datos publicados e por referencias da xerarquia que lle pode oferta-la posibilidade de 'capitnea-la nave'; mais tamén se lle presupoñen dous elementos fundamentais no eido da XESTIÓN: Formación específica (mais aló de congresos) i experiencia profesional previa (ben no mesmo cometido, ben en outros 'do escalafón'). Dende o punto de vista da politica interna local e tendo en conta que o centro é unha das principais empresas da bisbarra e a que mais emprego xera a arrivada dun novo xestor foráneo podería ser non ben recibida mais encaixaría na liña marcada dende antes das eleccions municipais no Partido Politico que goberna o tema.

A unha persoa do centro suponselle carente desa formación (cousa que ben podería ser un erro) e, salvo alguns casos senlleiros, de experiencia en postos similares e presupónselle (tamén podería ser erroneamente) un bó coñecemento do funcionamento do hospital para ben e para mal; neste tipo de candidato destaca o campo de relacions co 'establishment' pois neste entenderíase que a súa opinón debe ser tida en conta. Ten o principal perigo na desconexión que pode sufrir a nivel provincial e autonómico á hora de percurar recursos ou de facer ver as necesidades que se teñen. Por outra banda un xestor cuio posto "de retorno" sexa no mesmo centro que xestiona pode ter motivacions extras para non tomar algunhas medidas que poden ser precisas ou, polo contrario, pode aproveitar o posto mais para o progreso e os asuntos persoais que para ofrecer solucions e (sobre todo) motivación e ilusións novas á xente que nel traballa.

Bueno, non vos matedes a facer comentarios; ide dun en un que hai tempo... Eu coido que "desta non vai" porque o noso actual xefe está ben en Ponferrada salvo que en Madrid digan o contrario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input