Google+

Co outono...

Seica na sanidade co outono non só caen as follas senon que é o tempo dos Congresos e dos rumores... Así que hai unha chea de eventos por toda a xeografía peninsular nas que o principal son as conversas non regladas entre os profesionais, entre estes e os axentes das casas comerciais, entre todos istes e os xestores... ¿u-lo os usuarios?; supoño que na casa, ainda que tamén farán congresos.

Claro, tanta conversa de pasillo non pode dar senón ó ruxe ruxe; cerimonia da confusión na que o fenómeno da bola de neve é o mais común e hai xente que se adica con fruinción a elo por puro divertimento. A marcha dun xerente provoca a 'movilidade' de outro e, xa se sabe, "a rei morto rei posto" polo que se fala das candidaturas potenciais, reais ou fantásticas incluso de terror. Eu coido que non se debe perde-lo tempo nelo porque realmente non ten importancia quen vai chegar senon que importa que vai facer e como pensa facelo.

A única capacidade que, nunha organización ben 'engraxada' e diseñada, precisa un xestor é a de ser CREIBLE na súa implicación con eses obxectivos implicitos que temos os membros da mesma e a de crear ILUSIÓN por mellorar o que se fai e como se fai.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input