Google+

PECHADO!!!

Tal é o título da película de terror que viven algúns centros sanitarios por mor da escaseza de persoal facultativo... Outro tanto acontece co persoal que non realiza actualmente gardas nos centros de saúde e que vai escoitando o ruxir do vento das "necesidades do servizo" cando xa pensaban que non voltarían a pasar unha noite en vela en beneficio da comunidade.
Agora xa non son "oubeos de kan" os que dín que hai escaseza de previsión e que, sendo o período formativo dun facultativo duns 11 anos, esa falla de planificación repartese igualmente entre os gobernos actual e anteriores. Tamén somos moitos os que coidamos que certas teimas das 'mentes pensantes' da clase médica teñen que ver cun certo sentimento de posesión e control do mercado laboral que os leva a manter un baixo número de prazas na carreira de medicina i en certas especialidades así como a teima contra o feito innegábel da prescrición enfermeira e outras moitas funcións e tarefas que a enfermería e as súas especialidades poden realizar no canto de ter ós escasos e custosos facultativos facendo técnicas e procedementos xa rutineiros.
Pode que sexa suicida mais aínda está por ver canto crían nas súas ideas os que deseñaron as actuais 'leis básicas da sanidade' aplicando tanto o estatuto marco como a lei de ordenación de profesións sanitarias para por algúns remedios a medio e longo prazo por exemplo á hora de redactar i executa-los planos de ordenamento de recursos humanos evitando ese "centralismo reducido" que tende a concentra-los recursos nas principais capitales para que se podan dar "prestacións novas e punteiras" mentras nos centros comarcais se acumulan as listas de espera... As comparacións de procedementos programados por facultativos dispoñibles pon en evidencia que algúns centros e servizos están sobredimensionados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input