Google+

Chupando da lactancia

Aínda a risco de seren considerado un reaccionario quero facer esta entrada para nos abroncar (incluido eu mesmo, bueno nós mesmos) pola falla de coherencia no tema da lactancia materna.

Nestes días de fomento da alimentación natural na primeira infancia non teñen faltado reivindicacions con aire ata de "cámara oculta" como as 'tetadas' colectivas en salas de museo onde se teñen producido casos de expulsión por dar de mamar a un fill@.

Mais do que ninguén soe falar é da terxiversación do obxectivo real do permiso de lactancia materna; ese que, polo seu nome, se deduce que se fixo para brinda-la oportunidade de que as nais seguisen dando peito ós seus fillos unha vez reincorporadas ó seu traballo ata os 9 meses da criatura.
Xa que o permiso se brinde en caso de adopción pode ser bastánte discutibel... pois aínda que a criatura adoptada sexa recén nada a nai debera pasa-lo trago de poñela ó peito sen brindalle ren e agardar 'a ver si arranca'.

Mais aló desa fantasia própia do cinema temos o esperpento do que se permite facer ás nais de parto natural coas "súas" horas de lactancia. Acumular horas para conquerir días libres. É unha práctica habitual, moi extendida e que facilita moito a xestión dos RRHH pois se pode suplir á persoa cun contrato de "acumulación de tarefas" ou, incluso, prolongar o mesmo contrato de cobertura da baixa por maternidade (ese que na empresa privada está bonificado polo INSS). ¿Facilitan estas prácticas a lactancia materna?, ¿Fomentana?; ¿U-las asociacions que promoven este xeito de alimentación natural?.

Seguramente en pouco tempo os pais 'gozaremos' dun permiso similar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input