Google+

O Xeito e as presas

No eido da sanidade, xa o temos moi sabido os profesionais, cada avance DEBE levar o seu tempo e a seguridade debe primar por riba do posible beneficio (e non falo do beneficio económico) dunha medida concreta.

Claro que hai presions, mais sempre viñeron dende fora das institucions sanitarias en forma de xente traxeada... Iso non debera estranarnos o que si estrana é cando a presión a fai parte da administración sanitaria indo mais aló do ordenamento xuridico.

A vacina fronte o papilomavirus foi aprobada recentemente pola EMEA que é quen tiña que facelo e as novas medidas de prevención fronte ó terrible mal do cancro de cervix foron acordadas na comisión de saúde pública do SNS que é onde se tiña que facer.

Agora SI é o momento de que as administracions autonómicas se mollen e poñan en marcha as citadas medidas consensuadas con resolucion e, sobor de todo, con fondos. Será precisa unha campaña de información ben documentada respecto a ista nova terapia tanto para os facultativos (pediatras e xinecologos) como para os profesionais que as van a administrar; a estas alturas do desenrolo tecnolóxico e das TIC a ningúen se lle escapa que o mellor xeito de difundir un boletin sería o correo electrónico sobor de todo si a administración lle ten asignado un enderezo de seu a cada traballador. Tamén por este medio se podería facer un seguimento mais inmediato das dúbidas, atrancos e incidencias que xurdan no intre de aplica-las vacinas.

Os anúncios en prensa e as presions maniqueas NON son medidas de saude pública.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input