Dende que escomencei a leer publicacions científicas profesionais me chamou a atención que nas provintes do mundo anglosaxón (a meirande parte e alguhas das mais importantes) as compañeiras enfermeiras citábanse como "R.N.". Mais tarde entendín que se trataba da abreviatura de Enfermeira Rexistrada e, dende aquela, o traducín como Enfermeira Colexiada aínda que eu son bastante reticente a iso da colexiación obrigatoria (por obrigatoria). Ó longo do tempo me confirmei en que dita referencia tiña que ver co xeito de legaliza-la práctica profesional neses paises e non co exercicio profesional en si mesmo.
Agora, no noso medio, coa posta en marcha dos rexistros de profesionais sanitarios consonte o dictaron a LOPS e o estatuto marco semella que se están a dar pasos para a distinción entre un rexistro de profesionais en exercicio (coido que polo de agora só no ámbito público) e pertencer a unha organización de profesionais que se adica -debera- á defensa dos seus intereses.
Nesa confusa función do CGE de REPRESENTACIÓN da profesión perante a administración mais aló dos aspectos formativos e profesionais é onde radica a maior parte dos roces coas organizacions que exercen a función de REPRESENTACIÓN dos mesmos profesionais no medio laboral. As 'zonas quentes' do negocio da Formación Continuada e a Saude Laboral vironse ampliadas nos 16 anos que levo nesto de tal xeito que moita forza de representación se perde adicandose a temas "fora de ámbito".
Pode que ista confusión representativa se deba á propia estructura do medio sanitario e das profesions que nel se desenrolan por esa falla de paralelismo entre a Formación Academica, O recoñecemento administrativo e o exercicio profesional do que xa teño falado. Mais cada organización debera 'centrarse' no que pode ser mais efectivo para os profesionais que cotizamos (obrigados e/ou voluntariamente) de tal xeito que se acade unha profesión autónoma, recoñecida, efectiva para a saude da poboación i eficiente para o SNS.
Por en común o obxectivo do avance profesional require asumir que só mediante a maior responsabilización das accions realizadas a diario se pode acadar o lugar singular que a enfermería merece e que o Sistema sanitario precisa nun intre de grande expansión cuantitativa (pola cantidade de centros e servizos novos) e cualitativa (polos desafios que a Lei de Dependencia e o pulo da I+D+i implican) e de reposicionamento dos roles profesionais debido á nova lexislación -LOPS- e á reforma educativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input