Google+

outra cousa que engadir...

Para o día da enfermeiría ia cita-lo comunicado do ministerio de sanidade que semella apostar pola profesión malia que os feitos, inclusive os irrisorios, non o demostren dabondo. Tamén pensara en "entrar a saco" co tema das especialidades a propósito do derradeiro número de enfermería facultativa e no que escriben tanto os acólitos do sr. Jurado como o Sr. Tocón Pastor ( Vicepresidente da unión de sociedades científicas de enfermería). Mais....

Morreu Irena Sendler; ENFERMEIRA. Así con maiúsculas, arriscou todo por uns cativos ós que non coñecía, torturarona e non falou, quedou lisiada mais non se reivindicou como o que realmente é: Un exemplo de integridade. Un orgullo compartir profesión con persoas así.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input