Google+

No día do traballo o que avanza e o que non

Nesta festa, a mais "retro" de todas con ese regusto a anos 60 da linguaxe da 'loita de clases' e tal eu adícome a pensar nas opcions e trabas da profesión.

A aplicación da LOPS de xeito consensuado e planificado pode dar importantes froitos para a profesión e para o conxunto do sistema como se demostra cos incipientes pasos que se están a dar en Cataluña no eido da atención ós doentes agudos dentro dos programas e protocolos consensuados; claro que estamos a falar dunha área de traballo na que a claridade do ámbito de actuación permite estes desenrolos e permitirá unha rápida implantación das especialistas.

En troques, a especialidade "caixón desastre" da medico-cirúrxica segue a esmorecer pola mala definición que dela se fixo. O señor Jurado, máximo (de nome e de responsabilidade) representante da profesión naquela definición e na comisión que leva a cabo a implantación desta macroespecialidade recoñece implicitamente que a cousa vai para longo porque aínda non saben como formar en 3 anos a un especialista cun campo tan amplo de actuación... Do señor Romero-Nieva pouco ou nada sei, mais cónstame que segue coa esperanza de reformar esta especialidade e darlle algo de senso.

O caso é que o debate semella mais entre algo así como "habilidades técnicas" contra "competencias enfermeras" de xeito que canto mais se afonda nas priemiras menos independencia profesional semella terse; os coidados criticos son un bó exemplo delo. Gustaríame ler opinions ó respecto, mais xa supoño que non será así.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input