Google+

Hai alertas e alertas

Durante a fin de semana pasada, mentras cruzabamos a peninsula para facer algo de "estimulación zooloxica" cos cativos tiven que escoitar 'sapos e culebras' de unha chea de "expertos" sobre a alerta do MSC respecto ó aceite de Xirasol.

É certo que resulta contradictorio dicir que algo non é nocivo e, ó tempo, recomendar que non se consuma, mais débese entender que coa información dispoñible e á espera de coñece-los lotes e fabricantes implicados o mellor é "coidarse en saude" e non tentar por panos quentes para logo ter que andar meses e meses consumindo carne de tenreira en diversas preparacions co fin de convercer á cidadanía de que volte ó seu consumo.

O MSC avisou ós distribuidores e fabricantes, non tiña que avisar a ningúen mais; si as asociacions de consumidores queren ser avisadas deberían ter solicitado que se troquen os protocolos sobre alertas sanitarias á poboación e non facel polos medios de in-comunicación cando xa hai unha alerta.

Como se sabe agora o aceite contaminado non se empregaba en estado 'puro' senon como mezcla en cantidades baixas mais, se non se sabía ¿non era mellor paralizalo todo e recomendar que non se consumise?; se cadra hai xente que xa esquenceu que as precaucions para defender ós mercados de outras ameazas acabaron perxudicando a quen ten verdadeiramente dereito a seren defendido pola responsabilidade do control alimentario: A poboación xeral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input