O 2º desafio mundial da OMS

Dentro da campaña pola seguridade do doente a OMS vai lanzar o vindeiro día 25 o Segundo desafío mundial baixo o lema "As prácticas cirúrxicas seguras salvan vidas" co obxectivos de:
  • Xerar consciencia sobor da importancia desta iniciativa da OMS
  • Difundi-la lista de verificacion das prácticas cirúrxicas seguras da OMS como un xeito de acadar unha atención mais segura
  • Lembrar ó mundo que os esforzos concretos a prol das prácticas cirúrxicas mais seguras favoreceran a seguridade do doente.
Voltará a semellar algo moi básico e, pode, que algunh@s compañeir@s se sintan outra volta ofendid@s mais o certo segue a ser que ó redor das intervencions cirúrxicas acontecen demasiados incidentes e que se provocan demasidados efectos adversos evitables na súa maioría. Coido que hai tempo citei un artigo de Atul Gawande (Lider desta iniciativa) publicado polo Newyorker titulado "the checklist" (a lista de comprobación) que mostraba en termos coloquiais a orixe, o uso e os resultados do emprego desta ferramenta tan sinxela e o tempo tan eficaz para evitar que pase o que non ten que pasar.



Pois ben, a OMS edita unha lista de comprobación (en inglés .PDF 112 kb.) para implantar nos centros ben como ferramenta a parte, ben integrada dentro dos diferentes rexistros que configuran o proceso de atención ó doente cirúrxico; tamén editan un manual (en inglés .PDF 145 kb. ) para facilita-lo uso desta ferramenta.

A lista de apoio á iniciativa está aberta para organizacions profesionais e administracions; destacar que a miña 'criticada' "Union Española de Sociedades Cientificas de Enfermeria", a "Asociación Española de Perfusionistas" están entre as xa adheridas asi como a "Sociedad Española de Anestesiología, Reanimación y Terapéutica del Dolor" e a "Asociación Española de Cirujanos".