A "división" de recursos da Joint Comision e o Dartmouth Institute for Health Policy and Clinical Practice organizan unha conferencia sobre microsistemas clínicos titulada: "Calidade e seguridade na educación da enfermeiría: una aproximación ós microsistemas clínicos". ¿que ten de interesante esta conferencia de Ilinois?...
Os microsistemas son o 'derradeiro berrido' no mundo da xestión da calidade e sirven de ferramenta de enlace entre os grandes sistemas/métodos da calidade e a mellora dos procesos.
Un microsistema en sanidade definese como un pequeno grupo de persoas que traballan xuntas para proporcionar atención a subpoboacions discretas con obxectivos clínicos i económicos, procesos enlazados, un medio común de información compartida e que produce uns mellores resultados. Evolucionan no tempo e soen estar integrados en organizacions maiores. Como calquer sistema complexo e adaptativo debe: Face-lo traballo, Coñece-las necesidades e manterse como unha unidade clínica.
Nos microsistemas:
Prestase a atención
Faise calidade, seguridade, fiabilidade, eficiencia e innovación
Conquirese a satisfaccion do doente e a motivación da equipa
A calidade da atención nun hospital non pode ser mellor que a calidade dos pequenos sistemas que traballan xuntos na atención; os microsistemas son os bloques constructivos que forman os hospitais.
Os traballadores da sanidade temos 2 traballos:
O primeiro; presta-la atención.
O segundo mellorala.
Atopar tempo para mellora-la atención pode ser dificil, mais o único xeito de mellora-la seguridade, a eficiencia, a flexibilidade e mante-la calidade é combina-la análise a medida e o redeseño en patrons regulares e no facer diario dos profesionais. Sen o traballo de mellora intelixente e dedicado de todos a calidade, a eficiencia e o orgullo polo traballo non terán base.
Son os micorsistemas o lugar no que se atopan os doentes, as suas familias e as equipas de atención e incluen ó persoal de apoio, os procesos, a tecnoloxía e os patrons de información, conducta e resultados centrados sempre no doente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input