Google+

A pifia consentida non deixa de ser pifia

Nunha das traduccions que colguei hai un mes sobor da electrociruxía dei de paso unha pifia porque non tivera tempo de voltar a comprobar o que xa sabía mais non estaba eu certo de seren quen de correxir a unha publicación oficial da NATN.

Mais agora volteime a documentar e vexo claro:

No apartado adicado á enerxía ultrasónica dentro da electrociruxía (o que xa é unha incorrección) relacionase ó instrumento Ligasure® como si este funcionase con ultrasons cando en realidade funciona como unha pinza bipolar de electrociruxía co engadido tecnolóxico de realizar unha medición contínua da impedancia do tecido situado entre as dúas palas do instrumento de xeito que lle permite curta-lo paso da electricidade cando se acada un valor previamente fixado en función do tamaño da pinza e do tipo de tecido no que se traballe. Isto permite que a desnaturalización do tecido pola calor xerada polo paso da electricidade non chegue a carboniza-las estructuras senon que se limite a 'coagulalas' facendo así un selado dos vasos que se atopen dentro do campo de acción da pinza.

Cal é a diferencia: que a desnaturalización producida pola enerxía ultrasónica é menos potente mais o seu "dano colateral" é menor de 1 mm. no canto dos 0,5 cm de dano colateral mínimo da bipolar.

Non son pois tecnoloxías excluintes entre elas pois cada unha tería un tipo de aplicación 'ideal' permitindo melloras na seguridade e reducción dos tempos cirúrxicos; outra cousa é o que fagan os xestores con ese tempo gañado con tal alto custe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input