Trátase dunha auténtica reivindicación da colosal obra que as profesionais deste nivel realizan en todo o mundo e que moi pouca xente pode apreciar na súa dimensión. Pensemos na laboura de compañeiras que teñen que traballar en consultorios que non son mais ca unha casoupa no medio dun camiño entre ningures e mais aló e que non teñen mais medios ca súa vontade de servizo á comunidade e os seus coñecementos, lembremos ás compañeiras que traballan en entornos marxinais no medio da opulencia das cidades occidentais tentando non só prestaren unha atención técnicamente exelente senon facer tamén a laboura de educación e consello sanitario que os gobernos tantas veces abandoan en favor da maquinaria publicitaria dos mercaderes... É día de reivindicar o papel que unha enfermeiría competente debe ter nunha atención sanitaria centrada en dar á poboación os coidados que precisa coa racionalidade de custes que é obrigatoria dado que cada volta mais persoas non se poden pagar nen os medios para acudiren ós centros especializados.
Concentrémonos si, en facer unha profesión que crea nas súas capacidades e reivindique responsabilidades que pode, e polo ben da sociedade, debe asumir.
FELIZ DÍA, XOSÉ MANUEL!
ResponderEliminar