E dándolle voltas ó tema vexo que este ten tomado un cariz mais ben económico administrativo de modo que, tal e como teño preconizado, se produzan aforros importantes nos custes do material, se reduzan as perdas por caducidade e a administración poda ter un mellor control operativo dos expedientes de contratación. O SERGAS botou a andar o sistema integracom (.PDF 2,76 Mb) que, ademais, tiña a ambiciosa idea de aproveita-las TIC para os trámites administrativos dos expedientes de compras.Pola súa banda o Sacyl iniciou vai uns anos o sistema de "Concurso de Determinación del Tipo" (CDT) polo que, mediante un Pliego de Prescripcions Técnicas e un Pliego de Clausulas Administrativas Particulares se fai a determinación dos productos e dos fabricantes/distribuidores dos mesmos que poderán resultar adxudicatarios dos respectivos procedementos negociados que se desenvoltarán en cada centro de gasto. Neste sistema incídese especialmente nas condicions de prezo máximo de licitación e nas condicions de solvencia económica, financieira e técnica dos proveedores con factores como un mínimo de facturación ou a presencia dun almacen na comunidade. A valoración técnica realizase mercede a escalas descritas nun documento de Informe Técnico específico para cada concurso que se debe empregar como guía á hora da valoración das mostras; ditos items son importantes pero limitados a aspectos moi básicos: Visibilidade do contido do envase, dobre envasado, zona e dirección de apertura sinalizada... O resultado é un CD no que se incluen os Pliegos xa mencionados, o informe referido e un documento de productos homologados segundo os lotes licitados.
Ben; todos estes esforzos teñen as súas virtudes mais no que implica ós profesionales que prestamos a asistencia ten evidentes flaquezas. A información técnica non soe vir acompañada de apoios no canto os aspectos relacionados co emprego en sí do dispositivos, especificacions técnicas de uso e informes da evidencia científica relevante e pertinente que se poden valorar para toma-las decisions de compra.
Si é certo que na península ibérica hai unha rede de axencias de avaliación de tecnoloxías sanitarias (Avalía-t, Osteba, AATRM,...,Instituto de Salud Carlos III) todos integrados na rede europea e na internacional que producen ese tipo de información e a publican na web con grande abundancia de referencias; mais, a maioría, referidos a avaliación da nova alta tecnoloxía ou de definición de criterios de emprego axeitado de tecnoloxías e procedementos diagnósticos e/ou terapeuticos.
Non se atopan, polo de agora, esforzos asimilables ós da británica "centro de compras baseadas na evidencia" da axencia de compras e suministros do NHS ou o Dispositivo de avaliación e informe de enxeñería clínca (CEDAR) que realiza os informes sobre os dispositivos de uso médico xerais; o BIME (na fermosa Bath) que se centra nas bombas de infusión, MagNET centrado nas tecnoloxías de resonancias magnéticas ou a moi interesante ATEC (en Derby) que se encarga das avaliacions das tecnoloxías asistenciais como os apósitos de curas (.PDF), os colchons antiescaras(.PDF) ou o sistemas de vacío -VAC- para curas (.PDF). Como se pode ver na imaxe os informes están graduados en Revisión de evidencias, avaliacions tecnolóxicas e guia para compradores. Toda a información está disponible de balde (neste .xls podedes ver a lista completa segundo se vai actualizando)
Estas son as que quero destacar as guias de comprador pola súa amplitude de miras que abrangue dende a revisión das bases científicas do dispositivo en cuestión, os diferentes tipos, os usos atopados, unha ampla revisión bibliográfica e informes detallados dos dispositivos de cada fabricante.
Non digo que a avaliación rigurosa das novas tecnoloxías, a información relevante sobre as tecnoloxías emerxentes ou as indicacions sobre uso non sexan precisas, mais ese mesmo rigor se pode aplicar a temas mais 'mundanos'...coido que o fallo volta a ser a falla de multidisciplinariedade nas equipas o que leva a centrar as avaliacions en ópticas mais propias dunha profesión ou "ladeira" do sistema que a todo o sistema en sí.
Para rematar deixar no aire algunhas suxerencias de cara ó futuro. A parte das guías de marca corporativa hai poucas guías de recursos materiais que permitan unha identificación rápida dos productos e as súas características principais; eu vexo factible que se xeneren catálogos con imaxes (incluso con vídeos) e interactividade de xeito que non só se amosase, por exemplo, unha xeringa, senon as súas compoñentes principais e as posibles variantes da mesma tanto en cuantitativo como en cualitativo, as melloras de seguridade e, enlazada, a documentación relevante sobre o tema. Ocórreseme que o formato WIKI podería dar unha vía a esta idea pois xa se escomenza a empregar en outras áreas da sanidade; por exemplo en imaxes ecográficas.
Bueno, hai que ir xogar coa neve...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input