Onte compareceu o presidente do CGE na ponencia de estudo das necesidades de recursos humanos do SNS (diario de publicacions) e, segundo reflicte acta sanitaria don Máximo "doctor enfermero" fixo unha argumentación que non por ser certa nos datos resulta pertinente: Basear as necesidades de persoal dunha categoría profesional na cifra de profesionais de outra categoría.
Si comparto que no eido dos RRHH na sanidade hai certo 'xogo de mercado' no que os actores: Administración, Colexios, Universidades, Empresas prestadoras de servicios... tiran cada un para o seu lado e que non é moi doado establecer un baremo ecuánime de necesidades; os indicadores de profesionais por cada 100000 hab. son burdos pois tod@s sabemos que unha poboación non é igual a outra nin en 'carga' de patoloxía nin en necesidades de educación sanitaria. Si o envellecemento e a dispersión DEBEN ser tidos en conta na planificación financieira da sanidade como deixalos fora da planificación dos RRHH si son a "cabeza do león" dos custes?.
Como feito positivo quero destacar que o informe tenta, por unha vez, empregar unha lóxica de planificación demográfica profesional; isto é atendendo á piramide poboacional d@s profesionais e as circunstáncias da poboación á que atendemos (envellecemento, maior implicación laboral da muller -coidadora principal dos fogares-) mais, insisto, o referente cara a outra profesión seméllame desfasado cando, xustamente, agora se fala de competencias e capacidades e se tenta; mediante a formación de grao e postgrao e a especialización, que a profesión enfermeira resulte mais útil á sociedade á que serve.
100000 foron os 'fillos de San Luis' que as monarquías europeas enviaron para restaurar a fernando VII no trono. 190000 serán @s fill@s de Florence Nightingale que deberán sumarsenos @s que xa exercemos para cumplir co papel de principal garante da continuidade no coidado e na educación sanitaria que temos que asumir.
O informe completo presentado polo señor Jurado está dispoñible (.PDF 1,8 Mb) e digo presentado por ese señor e non polo CGE porque, como se pode ver, lle adíca as 3 primeiras páxinas ó seu nome.
Bueno, hai que marchar a facer o que toca.
0 Conversación.:
Publicar un comentario en la entrada