Google+

Afinando nos datos que non nas solucions

Seguimos co muestrario do que se fala na ponencia de estudo das necesidades de recursos humanos do SNS nesta ocasión volto sobre o dito polo "doutor enfermeiro" engadíndolle datos do seu 'contrincante' o señor José Rodriguez Sendín secretario da OMC (.PDF de 700 Kb acta sanitaria).

En primeiro lugar, como anécdota, indicar que semella que no CGE non hai tempo de pasar o corrector ortográfico nos documentos; coma este humilde escritor de blogue...

A OMC entra no debate aclarando que hai que facer unha fragmentación do mercado laboral no seu eido porque hai casos nos que a falla de efectivos é acuciante e noutros onde as plantillas se poden considerar sobre dimensionadas; aínda que ó que mais se apunta é a un 'defecto de distribución'.

Moi interesante me semella o detalle á hora de falar do número total de médicos pois segundo o grao de exercicio da profesión que se escolla hai ata 7000 exercentes menos... Claro que o presidente do CGE nin contou con iso nin conque si hay médicos que exercen 'asistencia continuada'; i é por esa 'ladeira' por donde fraquea mais a cousa pois si temos en conta que as persoas maiores de 55 anos están legalmente 'exentas' de guardias (cousa que NON é así para a turnicidade-nocturnidade da enfermeiría) os efectivos dispoñibles disminuen alarmantemente e o desastre precipítase cando se aplica o prisma da distribución xeográfica e afloran ermos humanos nos que simplemente semella que ningúen quere traballar; ¿como si non explicar a diferencia entre médicos colexiados i exercentes no SNS?.

O informe da OMC entra tamén na sustitución dos efectivos que se xubilarán nos vindeiros 10-15 anos; mágoa da mesma análise hai 10 anos cando se estaba VERDADEIRAMENTE a tempo de planificar. As cifras asustan pois, segundo a 'ventana' que se escolla se poden precisar ata un 84% mais de médicos novos. A distribución por edades e territorios (captura de pantalla da mesma ponencia) ten moita miga...



Non hai que ser moi listo para ver que se achega unha "crise de guardias" de grande calado nun mal intre económico o que vai ser sinónimo de contratos lixo e desmotivación para os novos exercentes; un mal panorama para asegurar a adhesión ó SNS (que, por certo, é sistema non servicio como pon na ponencia da OMC) dos novos titulados médicos.

Outra mañan mais o tempo remata; hai que ir ó choio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input