Google+

Ocupación non é rendemento.

Quen teña un mínimo background en financiamento sanitario coñecerá como as gastan nos EUA e outros países nos que só as prestacións realizadas efectivamente (e agora con seguridade) xeran os ingresos cos que os centros asistenciais afrontan os seus gastos.

Sen chegar a un entorno tan radical existen no noso entorno diversas propostas de financiamento non prospectivo dos centros sanitarios públicos que trasladan “presión” ós dirixentes dos centros de cara a obter o máximo recuberto dos recursos que obteñen ou manexan.

Un dos recursos mais atendidos e nos que mais presión se exerce é o recurso cirúrxico; os quirófanos dispoñibles, de xeito que o seu uso sexa mais eficiente.

Na vella escola se empregaba o dato do rendemento cirúrxico como a porcentaxe do tempo ocupado efectivamente polas intervencións do total do tempo asignado. Mais é evidente que sexa cal sexa a análise realizada este índice é algo simple e doadamente sabotable por persoal confundido e aturdido entre o incentivo e a terminoloxía.

Render ten outras connotacións mais ca ocupar e temos a obriga de percurar o mellor rendemento do enormemente caro recurso cirúrxico (espazo, persoal, equipos...) de xeito que ‘ser capaz’ de ocupar 7 horas de quirófano con 8 intervencións de cirurxía local non é unha fazaña: é unha ESTAFA á que a enfermería, e mais a que di ter PRAZA en PROPIEDADE no sistema público, non debe contribuír falsificando documentos clínicos da súa responsabilidade exclusiva pois si grande é a falta de quen así programa ; mais é a de quen lle ofrece cobertura.

Lonxe de elo os modelos citados no inicio deste artigo levan tempo traballando estratexias de asignación de recursos e de pagamento dos profesionais e cometendo, é certo, erros. Erros como o pago por acto que en entornos de clientela cautiva levaron a incrementos inxustificados de indicacións cirúrxicas intolerables dende a perspectiva ética de protexer do risco innecesario ós doentes.

Unha estratexia no eido do pago ós centros comprendeu o deseño baseado en modelos estatísticos retrospectivos de grupos de diagnose con similares niveis de gasto, sen dúbida unha medida perigosa pois quere estratificar a inconmensurable variedade da fisio-bioloxía; o mesmo que se tenta facer no eido dos rendementos cirúrxicos asignando a cada tipo de intervención unha duración estandarizada que, si ben con certa flexibilidade, sirva para axustar dun xeito coherente a configuración 'a priori' dos procesos cirúrxicos ó tempo de quirófano asignado.

A teoría está moi ben; pero a realidade, malía que lle pese ós deseñadores e/ou grupos de expertos, é ben diferente e neste caso estamos engadindo á xa basta complexidade da fisio-patoloxía humana a hipercomplexidade dun entorno como o cirúrxico con multitude de variables que condicionan o desenrolo dos acontecementos e o tempo que é preciso para desenrolar unha intervención.

Descoñezo o detalle dos sistemas mais non vexo ós ciruxans dilucidando 'a priori' en tódolos casos o tempo que van a investir nunha ciruxía; como moito sinalarán aqueles casos nos que se prevé unha maior duración por mor das características do doente ou o grao da patoloxía a tratar (entre unha hemorroidectomía e outra pode haber un 20% de diferencia de tempo). Un sistema así precisa xa que logo, un algoritmo capaz de axustar un grupo de variables que influen no tempo que, en condicions normais, pode lever unha ciruxía e que non todas teñen que ver coa propia intervención.

Gustaríame ter novas que relatar sobre esto e o papel da enfermería ben desde a supervisión, ben dende a coordinación de recursos cirúrxicos (algo que nos EUA chaman OR manager) ten nestes desenrolos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input