Semella que nos deron polo por porco con iso da Pandemia mundial de gripe.
E foi en sudamérica e non en Asia; e peor aínda, de todo o "patio traseiro" tocou nos veciños porta con porta: Os E.U de México.
A epidemia difundese vertixinosamente tras pasar polo aeroporto de México d.f. e arestora xa hai moitos casos sospeitosos en Europa, Canada, Nova Zelanda, USA(acaba de declara-la emerxencia de Saude pública)...por mor, coido, de certa permisividade das autoridades. Non esquezamos que no prazo de 4 días xa leva mais vitimas que o H5N1 e ten un áera de expansión maior.
Esta variante do H1N1 pode aínda trocarse en mais virulenta de segui-lo padrón clásico o que elevaría a súa morbilidade mais alo do 33% (calculado) o que a faría moi perigosa...o "remix" xenético deste microbio (6 xenes de virus porcina americana; fruto de virus porcino, aviar e humano e 2 de virus porcina europea e asiatica) é a mezcla temida polos epidemiologos.
Evidentemente as accions da compañía farmaceutica posuidora da licenza do Tamiflú subiran como a escuma e os gobernantes que mercaron grandes volumes xa terán boa conta del mais non para repartirllelos á poboación xeral senon para aplicar tamén 'protocolos'. De tódolos xeitos non penso que a medicación antiviral poda ser preventiva e, nen se quer, curativa.
ESPERANZA
Que como as novas tamén viaxan rápido tanto as persoas que van viaxar como as posiblemente afectadas se tomen en serio as medidas e fagan esforzos razoables por evita-los contactos que poden facer de correa de transmisión...Eu pola miña banda tentarei que a miña xente tome conciencia i evite, no posible, os contactos cercanos ata que a situación se aclare.
ACTUALIZACIÓN 27/4 17h.
Ben; leendo o que dín os virologos do CSIC debo retirar o dito sobre o Tamiflú no canto á súa efectividade mais SI me reafirmo na perigosidade do H1N1 polo seu mecanismo de transmisión e pola súa preferencia pola xente nova (algo que ten en común co virus de 1918). Difiro en que se estivera (ata o Domingo á noite) a facer o que había que facer: Identificar os casos, aillalos e vixiar ós contactos. A ver si agora se toma en serio e se fai.
0 Conversación.:
Publicar un comentario en la entrada