Bueno, "tocoulle" a Bernat Soria deixa-lo MSC por mor de dúas premisas para os gobernos de crise: perfil politico e non aumenta-lo número de ministerios.
A conxugación de Sanidade e Servizos sociais de sempre foi e será un dos temas principais desta faceta dos servizos públicos a calquer nivel que se plantexe (europeo, estatal, autonómico ou local) os profesionais sanitarios ben sabemos cantos recursos e tempo se empregan en atender o que, nunha ampla demostración de descoñecemento, chamamos "patoloxía social" pero é que como tódolos límites non matemáticos a fronteira entre o que é 'sanitario' e o 'social' se difumina e varía en cada caso. Seguramente existen baremos e clasificacions que tentan obxetivar a necesidade de apoio social de persoas con patoloxías crónicas mais eso é entrar en materia polo miudo e nesta entrada non quería.
Volto a Don Bernat, para min fixo unha boa laboura porque continuou o traballo nos fundamentos que lle deixaron chegar do que lexislara no seu día Ana Pastor que para ben ou para mal sentou con 4 documentos (LOPS, Estatuto Marco, Lei de Cohesión e Calidade e o decreto sobre tratamento homoxéneo dos datos das LEQ) o marco do sistema sanitario descentralizado que se esbozara na constitucion, estatutos de autonomía e Lei xeral de sanidade. Continuouno si, pero con tino e sen partidismos tentando cohesionar (que é diferente que igualar) o sistema e centralo no que verdadeiramente importa: as persoas ás que atendemos; os cidadans.
Por elo apostou forte pola axencia de calidade do SNS como 'pegamento' para un sistema que DEBE funcionar cohesionadamente e, ó mesmo tempo, garantir que en cada territorio exista unha organización adaptada ás necesidades e particularidades da súa poboación.
O seu papel en varios dos conflictos xurdidos neste tempo e o xeito de tratalos son unha lección de seriedade e responsabilidade. A enfermería esperaba algo mais concreto tanto no eido da especialización como na 'guerrilla' prescriptora e algo se andivo mais non abondo. Ó cabo, boa sorte e ata mais ver.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input