Google+

Lentitude e Directo

A min seméllame aínda así que non se está a tomar a cousa moi en serio; ou tanto como se debera.

O NHS e, aínda mellor, o CDC xa teñen unha guía de actuación sobre o tema na rede; porque xa sabe que os casos van xurdir en calquer parte a calquer hora e que as dúbidas ten que resolvelas o persoal de a pé en cada centro ou servizo que os cidadans van a ESIXIR respostas e actuacións concretas e non que andemos como galiñas cegas percurando quen nos guie...e as nosas autoridades sacan notas de prensa e indicacions para viaxeiros cando esa fase xa está algo superada, coido eu.

Por outra banda; podemos seguir en directo este agromo (ímolo deixar neso polo de agora) con ferramentas como google maps...


View H1N1 Swine Flu in a larger map

E si vos queredes entreter aqui tendes Pandemic II un xogo no que facedes de xerme e ides 'mercando' características de resistencia e mais efectos sobre os doentes...si activades "airbone" e algunha morbilidade maior...xa se pechan as fronteiras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input