Os primeiros "Trinos"*

Non tardou moito en "cantar" esta nosa ministra; nada mais lle falaron da Historia Clínica Electrónica faltoulle tempo para se descolgar nos medios cunhas declaracions tan alonxadas da realidade, tan triunfalistas, tan descoñecedoras do medio que dá a impresión de que ou o anterior ministro non sabía face-lo "O" cun canuto ou que ela é unha auténtica máquina da organización e a motivación.

Agora mesmo viñen escoitando as súas declaracions en RNE-5 e dicir así, sen anestesia, que "haberá historia clínica electrónica a finais de ano en todo o estado" cando tod@s sabemos que hai moitos, moitísimos, hospitais que non teñen informatizada nen a metade da atención que prestan soa a verdadeiramente ficticio (que pasa, eu tamén podo tentar figuras literarias complexas, ou non?).

Esta señora debeu vir ó MSC a facer campaña política e si así imos vai facer moito dano porque por desgracia lle vai custar dous telediarios tirar por terra o traballo de duas tandas de 'técnicos' que dirixiron sen demagoxias un intento de facer unha xestión seria da cohesión no SNS.

Como se pode falar de un proxecto de tal envergadura en 8 meses cando se tarda 10 anos en devolve-los cartos cobrados nunha oposición que non se celebrou?

*: Que mais pode facer Trinidade que 'Trinos'?

Edición: 21/4.

Acta sanitaria entra ó trapo deste tema e publicita algo que sabe imposible; si un programa desta trascendencia se pilota en dúas comunidades en 2009 e se extende ó territorio en 2010 ¿que clase e avaliación se fai?.
Por outra banda, si o mesmo día publicas unha nova sobre a participación española en epSOS (MSC e Castela-A Mancha) cando menos marca unha diferencia entre a Historia Clinica Dixital dos centros e a que vai porta-lo doente na súa tarxeta sanitaria...