Bueno, oito sociedades cientificas médicas e a Asociación Español contra o Cancro veñen de asinar un "Documento de consenso" que aconsella a vacinación contra o VHP; o vídeo da rolda de prensa está en Medscape (pode que vos pida suscripción) e non ten perda porque os argumentos son os xa coñecidos incluso facendo referencia ós casos de Valencia coa mención do coñecido e científico enunciado de "sucesión non é relación" mais esquecendo respostar alguhas das interrogantes que os contrarios á vacina seguen plantexando.
A mín o que me chama a atención é que semella que ningunha sociedade científica de enfermería ou que inclua enfermeiras semella 'saber' pronunciarse ó respecto. Fáltanos implicación no eido da saúde Pública?, non, seguro que non. Así pois, a enfermería que por unha banda quere facerse cargo de responsabilidades e apoiar ó sistema de saúde do pais a dar unha mellor atención ás persoas non ten institucións que fagan ouvi-la voz da profesión en temas que preocupan incluso ós propios profesionais que teñen que administra-las vacinas e que son os que "dan a faciana" pola decisión que o sistema público de saúde toma e que este 'consenso' apoia; mais á enfermeira que administra quen a apoia?.
Nunca lle vin semellanza a unha xeringa con un 'Colt' mais imaxínome a moitas compañeiras de primaria coa sensación de "sóa ante o perigo"... acosada por preguntas de persoas que non queren ler as respostas nun papel sinon dos beizos de quen vai efectua-la técnica correspondente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input