Como unha casa é unha casa que dí a canción.
En Portugal a enfermeiría vai camiño da folga, polo de agora o tema da "carreira de enfermagem" vai cara un punto morto pois o Ministerio de Saúde, parapetado tra-lo argumento da crise, fai unha oferta considerada "un atentado cara ós enfermeiros e a profesión". A táboa salarial ofertada é, cando menos, enganosa; pois si ben os niveis altos se poderían considerar aceptabeis é tamén certo que só mui poucos profesionais van ser quen de atinguilos.
Así as cousas para a semana que ven a enfermeíria de Portugal se vai reunir en Braga para tomar decisions e logo vaise concentrar diante do Ministerio de Saúde para facer patente o seu rexeitamento ás ofertas recibidas.
Mais info en Enfermagem-pt.
0 Conversación.:
Publicar un comentario en la entrada