Google+

Por unha xestión por competencias

Bueno, o debate está a piques de estourar. Após deste artigo "Los enfermeros ganan terreno frente a los médicos" calquer tentativa da profesión enfermeira a prol da eficiencia do SNS vai ser entendida polos nosos 'pilotos' como un acto de aldraxe, un roubo, un "pisa-lo terreo".

Dende hai 17 anos veño vivindo a mesma situación;poño o caso dun servizo de urxencias, mais conta tamén para as quendas de noite en unidades de hospitalización, segúndo a hora do día a 'capacidade' da enfermeira varía; dende ser quen de facer un ECG ou unha gasometría ata non ser quen de decidir si se toman as constantes vitais a un doente. Si son as 12 da mañan e non hai xente esperando quen clasifica ó doente na urxencia DEBE ser un médico que, como responsable, se pode tomar o tempo que precise e mandar face-las probas que considere oportunas. Ás 18 horas con 15 doentes mais á espera a enfermeira debe facer a clasificación nos 3' do protocolo andorrán "con estas manitas". Ás 2 da mañan non se lle ocurra a ningúen chamar ó facultativo por doentes de 3º ou 4º e si se lle chama por un doente de 2º que teña todo ben feitiño segundo o "protocolo" (si, ese que ás 12 da mañan non existía).

Semella que por fín o camiño sinalado pola LOPS se vai seguir aínda que a cuestión do recoñecemento da formación 'capacitante' non veña contemplado por ningures. O artigo teima en sinalar ó R.U. e o sistema de prescripción non médica do que xa falei mais faille un lateral ó eixo fundamental do tema: non se trata só de experiencia senon tamén (e moito) de formación específica reglada ('capacitante'). A min do sistema británico gustanme mais as capacidades de control de infeccions ou de viabilidade tisular...

Os colegas facultativos queixanse e con razón das terribles cargas burocráticas e da cantidade de doentes de 'baixo grao' que deben atender en consultas que, non esquezamos, teñen o tempo limitado; é dicir, cada minuto conta e costa (cartos e oportunidade). Unha profesional da enfermeiría ben formada, acreditada e respaldada normativamente pode ver parte desa consulta (a mais susceptible de protocolarizar) deixando mais minutos para os doentes que precisen atención mais complexa. Agora si, non caiamos no erro de pensar que imos ter ó noso carón a persoal asistente que non precisan os facultativos...

A realización de certas técnicas e probas é algo que se foi 'delegando' na enfermería no tanto que a técnica se fixo rutineira. Non é por abondar no tema mais tod@s lembramos cando a enfermería escomenzou a coller as vías IV? cando os facultativos deixaron de facer venoclisis. E na actualidade cantos/que tipo facultativos especialistas collen vías?

RESPONSABILIDADE

A verba clave. Si se asumen competencias mercede á capacitación, consenso en criterios profesionais e cobertura normativa asúmense responsabilidades. Pero, vivimos enganados seguindo a quimeira de ouro da 'especialidade' sen caer en conta de que esas especialidades son, en resumo, unha rede de competencias postas ó servizo do doente nun área específica de atención.

ENQUISA....(ed 31/3/2009)
Como emprego firefox con noscript non vin a enquisa que realiza o diario no artigo citado ata que mais tarde me chegou o mail do CGE. Como tóda enquisa "flash" o resultado non é valorable por sí só.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input