Google+

DESTELLOS

nº 1

Nestes días de verán as tardes só piden piscina, sombra e lectura aínda así non me resisto a deixarvos algún comentario do que vou lendo.

É o caso da reedición conmemorativa que se fixo do libro “notes on nursing” de Florence Nightingale prologada por varios líderes da enfermería do momento; entre os que está Madeleine Leininger unha das voceiras do movemento transcultural que fai un recoñecemento crítico das contribucións e dos erros do discurso de Nightingale respecto da profesión de coidar.

Na súa disertación das semellanzas e diferencias entre o que Nightingale postulaba e o que ela mesma, con bastante pouca modestia, propón se atopa esta perla:

“Hoxe o coidado humano converteuse no centro do coñecemento e a práctica enfermeira, baseado na explicación dos significados profundos, patróns e interpretacións das perspectivas do cliente e da enfermeira.
É mais, algunhas enfermeiras profesionais liberáronse do pesado enfoque nos síntomas médicos, enfermidades e formas de tratamento para centrarse en descubrir e entende-la natureza, os significados e as experiencias vitais relacionadas co coidado humano”.

¿Que valor atopo nesta afirmación?. Mirade; neste intre a transculturalidade non hai que percurala viaxando por lonxanos destinos, a diversidade cultural da poboación no noso entorno ten aumentado por mor da inmigración e do retorno de emigrantes e se incrementará co paso dos anos pois a pirámide de idades dos inmigrantes é moi diferente á da nosa poboación e, posiblemente, co paso do tempo a actual porcentaxe do 15% se transforme nun 33% ou mais. Engádese pois este condicionante á xa coñecida mais mal afrontada catástrofe demográfica da dependencia á que temos que facer fronte como profesión.
Así pois temos que incorporar ó traballo diario o ‘plano transcultural’ para evitarmos facer valoracións a priori do que é normal e para evitar xulgar negativamente actitudes e conductas que son froito de plantexamentos culturais diferentes que debemos respectar malia a que nos resulten chocantes; no que referente ós efectos destes costumes sobre a saúde hai que sinalar que o traballo dos profesionais sanitarios no campo da educación para a saúde atopa na trasculturalidade un reto de grandes proporcións que precisa de moita constancia e imaxinación.

1 comentario:

  1. Me gusta leer tu blog por la calidad de sus contenidos , a pesar que me resulta dificil leer en gallego.
    Saludos

    ResponderEliminar

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input