É de sobra coñecido por tod@s que unha das principais frontes na 'guerra' pola seguridade do doente é o tema da administración de medicamentos. Dende hai anos a industria(farmaceutica, informática e de servizos) e os profesionais percuramos solucions que brinden garantías sobre o cumprimento de "os 5 correctos" sen menoscabo do tempo empregado nesta tarefa cotián mais fraxil.
Algunha das solucions como a unidose se mostraron, incluso, como moi eficientes e de grande axuda na reorganización dos espazos que se adicaban ó almacenamento e preparación de fármacos. Coa chegada da informatica e os lectores ópticos se implantaron sistemas que ian encamiñados a garantir de xeito "definitivo" a correcta dispensación e administración dos medicamentos. Agora sabemos que non é así e non só iso senon que recentemente se ven de publicar un estudo que mostra os graves defectos e a sobrecarga de traballo que os sistemas de verificación con código de barras supoñen para a enfermería e como isto incrementa o risco de erros na administración de medicamentos e provoca retrasos alí onde se querían conquerir aforros en tempo de traballo.
O estudo, bastante detallado, é accesible de balde (.PDF en inglés) e sinala novamente á falla de estudos SERIOS e ben plantexados de avaliación das tecnoloxías antes da súa implantación, estou a falar de estudos-piloto que incidan non só nos parámetros econométricos do asunto en cuestión senon nos aspectos de carga de traballo, curva da adpatación e, sobor de todo, aspectos de seguridade para o doente.
Precisamos mais coñecementos de como realizar estas avaliacions ou, mellor dito, que estes coñecimentos saian dos despachos e cheguen a pé de campo para que sexan os profesionais que van aplica-la tecnoloxía os que fagan as avalicions rigurosas e ben fundamentadas e non só avaliacions 'a priori' senon avaliacions a medio e longo prazo para coñece-los efectos da tecnoloxía implantada no traballo diario mais aló dos grandes parámetros.
Por exemplo, implántase unha tecnoloxía que reduce considerablemente o número de ligaduras que se fan nunha intervención co cal as intervencions son mais rápidas e a enfermerira instrumentista dispón de mais tempo de observación; ¿que fai con él?.
O punto de mira está no campo conductual e no eido dos comportamentos que minan a implantación dunha cultura de seguridade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input