A
fundación Robert Wood Jhonson que se centra na mellora da sanidade e a saúde nos EEUU ven de publicar en liña o proxecto de "
ferramentas para a transformación dos coidados ó pé de cama" que está a ser pilotado por 10 hospitais americanos.
Este proxecto distínguese de outras iniciativas de mellora da calidade por centrarse na implicación do "persoal de base" e mandos intermedios; as ideas de mellora proveñen do persoal que mais tempo pasa cos doente e as familias e non das direccions ou das unidades de calidade que deben asegurar que o programa conta con compromiso institucional e recursos para apoiar e manter estas innovacions.
Trátase logo dun traballo nos microsistemas e dende abaixo, todo un reto para un sistema estructurado orgánicamente e non de xeito funcional con atención en 4 dimensions:
Fiabilidad y seguridad
Mellora do entorno de traballo e percura da exelencia
Atención centrada no doente
Procesos con valor engadido
EDICIÓN 2/7/2017
Cecais é un pouco tarde pero gostaría completar esta entrada coa publicación dos resultados desta iniciativa porque o habitual é que esta clase de programas non publiquen os resultados polo menos no noso entorno.
Os resultados que se publican só se refiren á dimensión da mellora do entrono de traballo.
"
Efecto da iniciativa transformación dos coidados a pe de cama nos entornos de traballo"
Vos traduzo o resumo.
ANTECEDENTES:
Diferentes iniciativas se veñen realizando nas organizacions sanitarias para mellora-la eficiencia, como transformando os coidados a pe de cama (TCAB). Nembargantes, hai importantes fallas na comprensión dos efectos do programa nos entornos de traballo dos equipos de saúde.
OBXECTIVO:
O obxectivo específico deste estudo é describilos achádegos sobre os efectos da iniciativa (TCAB) nos entornos de traballo dos equipos de saúde.
Médotodo:
Empregouse un diseño pretest - posttest neste estudo. A iniciativa TCAB implementouse no outono de 2010 nun hospital de Montreal, Canada. A mostra consistiu en traballadores santiarios de 4 unidades de coidados.
RESULTADOS:
Observouse unha mellora estatisticamente significativa na subescala específica de comunicación de información da variable medida de procesos de coidados, e topouse unha diferencia significativa na variable de apoio entre colegas, que foi mais alta no inicio que no postprograma. As diferencias na demanda psicolóxica, a latitude decisional e esforzo-reconpensa non foron significativas.
CONCLUSIONS:
A TCAB é unha intervención que permite ós equipos implementa-los trocos para mellora-los resultados para doentes e familias. Os esforzos en marcha deben de dirixirse a mellora-la comunicación entre tódolos membros do equipo e asegura-lo seu apoio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input