Google+

A seguridade do doente "salta" ós medios

Bueno, xusto agora que estamos tentando por en marcha un grupo funcional de seguridade do doente no HB e que se estan a desenrolar importantes proxectos de implantación e seguimento de iniciativas implatación de prácticas seguras e indicadores de seguridade do doente no ámbito estatal era inevitable que este tema saltara ós medios in-comunicativos.

Faino da man dunha iniciativa á que lle estamos a segui-la pista dende a súa orixe no famoso artigo da "Lista de comprobación" e que vai a por ó SNS de estrea como sistema integrado mercede a unha iniciativa dunha asociación profesional que acomete o papel de coordenación que semellan ter abandoado os políticos no organismo correspondente. A mágoa é que a iniciativa volte a deixar fora (aparentemente) á enfermeiría cando, xustamente, no artigo citado a grande valedora e artífice de que as comprobacions se realicen efectivamente durante o procedemento é a técnicamente moi adestrada e administrativamente ignorada enfermeiría de coidados especiais.

De tódolos xeitos quero facerme eco da grande laboura que dende hai 5 ou 6 anos ven facendo a axencia de calidade do SNS que articulou unha estratexia DAFO i está a por en marcha liñas de mellora en moitos eidos sempre en colaboración cos servizos de saúde autonómicos e con institucions académicas e profesionais de recoñecido prestixio. Coido que facer saltar estas iniciativas ós medios pode conducir a confusión si non se xestiona axeitadamente a comunicación da realidade e das medidas que se toman e da implicación que teñen nesta estratexia as asociacions de doentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input