A OPE do SERGAS leva no hiperespacio dende Septembro de 2007. Resulta moi indignante que tanta xente siga pendente de si colle nomeamento ou non ou si onde o colle ou si, de non collelo, vai perde-lo seu contrato.
Para min é outra proba mais (e van tantas...) de que a oposición-concurso non é un sistema áxil (agás de xusto) para a provisión de postos e non me resulta coherente reclamar o seu emprego ó tempo que se afirma que hai un alto índice de interinidade... Podería tratarse dun sistema de elección para postos concretos ou para circunstánciasnas que exista un índice de interinidade moi baixo. O sistema de convocatoria aberta e permanente pode e debe ser empregado pois é mais áxil e garante a rápida cobertura de postos; outra cousa é que precise un sistema de contratación, en especial dos contrartos de longa duración, con mais garantías e que, ó mesmo tempo, priorice dunha vez as capacidades dependendo das áreas de traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input